Print this page

A Irmandade Xurídica Galega homenaxeará a Xoán Manuel Pintos Villar

Rate this item
(0 votes)

A Irmandade Xurídica Galega homenaxeará ao escritor e xuíz Xoán Manuel Pintos Villar, de quen este ano se celebra o bicentenario do seu nacemento.

Pintos Villar está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario galego. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A gaita gallega, a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno.

Amais da súa faceta como escritor, o pontevedrés exerceu como xuíz en Cambados e Pontevedra e como rexistrador da propiedade en Vigo. Agora, a Irmandade Xurídica Galega, un colectivo en prol de achegar o galego ao ámbito xudicial, convoca para o vindeiro 19 de Novembro ás 12.00 h. en Pontevedra unha homenaxe a Pintos Villar.