Print this page

A galería Sargadelos da Coruña organiza o ciclo escrita(s)

Rate this item
(0 votes)

A Galería Sargadelos da Coruña organiza un ano máis o Ciclo Escrita(s) 2012 que, baixo o título de "Alteridades dun secreto a voces", consistirá nunha serie de charlas onde se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores.

Escrita(s) dará comezo este sábado 21 de abril e pola galería Sargadelos da Coruña pasarán autores como Óscar Rodríguez de Dios, Abraham Rubín, Beatriz Blanco, Ramiro Ledo, Clara Gayo, Marta Pérez Pereiro, Miguel Mosqueira ou Delmiro Rocha, ata o remate do ciclo, o día 22 de xuño.

Nesta primeira charla, Óscar Rodriguez de Dios falará sobre Telegrafías. tentativas para tropezar con outros: “Onde é que atopamos aos outros? Saímos na súa procura, rexistramos a nosa experiencia, anotamos as súas ausencias, debuxamos mapas, escribimos cartas, procuramos pistas, deixámoslles mensaxes, damos voltas ao redor da posibilidade: reservamos mesa, planeamos a cita; pero sobre todo, máis que nada, facemos todo o posible para evitalos.”

Todas as conferencias terán lugar na galería Sargadelos da Coruña ás 20.00 h. Entrada libre ata completar aforo.