Print this page

A Galería Mulleres dedica o mes de outubro á escritora e profesora Teresa Moure

Rate this item
(0 votes)

A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á escritora e profesora de Lingüística na Universidade de Santiago de Compostela Teresa Moure (Monforte de Lemos, 1969) este mes de outubro.

Coa Galería de Mulleres destácase cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia,... Cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra. Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que fagan referencia á mesma.

 

Teresa Moure é Doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da USC. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o temor ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación anti-globalización. Moure gañou o Premio Lueiro Rey de novela curta 2004 e mais do Premio Arcebispo San Clemente pola novela A xeira das árbores (Sotelo Blanco), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 con Outro idioma é posible (Galaxia), Premio Xerais de novela 2005 e Premio Aelg 2006 de Narrativa por Herba moura (Xerais).