Print this page

A Galería Mulleres dedica o mes de marzo á pintora e escultora Käthe Kollwitz

Rate this item
(0 votes)

A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á pintora e escultora Käthe Kollwitz (Konigsberg 1867 - Moritzburg, 1945) este mes de abril.

Coa Galería de Mulleres destácase cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, ... Cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra. Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que fagan referencia á mesma.

A obra de Käthe Kollwitz caracterízase pola crítica social, o pacifismo e a denuncia das miserables condicións de vida da masa obreira. Kollwitz cultivou especialmente o debuxo e o gravado, técnicas que resaltan a expresividade e dramatismo da súa obra. Foi a primeira muller nomeada membro da Academia Prusiana das Artes. Pero a súa postura pública en contra do conflito armado e a ascensión ao poder dos nazis fixeron que o seu traballo fora censurado e considerado ”dexenerado” e que nos seus últimos anos de vida tivera que abandonar o seu fogar para protexerse. As súas magnificas e sobrecolledoras obras sobre a desolación e a traxedia de pais e fillos diante dos conflitos bélicos seguen sendo obras actuais que seguen e seguirán denunciando o drama humano das guerras.