Print this page

A Galería Mulleres dedica o mes de marzo á pensadora e novelista Simone de Beauvoir

Rate this item
(0 votes)

A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á pensadora e novelista Simone de Beauvoir (París, 1908 - 1986) este mes de xuño.

Coa Galería de Mulleres destácase cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, ... Cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra. Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que fagan referencia á mesma. Actualmente a Biblioteca da Muller conta con 440 títulos no seu fondo bibliográfico

Figura básica no pensamento existencialista e feminista, Simone de Beauvoir foi unha muller comprometida políticamente e comprometida coa liberdade e coa liberación da muller. A súa obra O segundo sexo é un clásico do pensamento contemporáneo e supón un punto de partida teórico para o feminismo; é considerado o ensaio feminista máis importante do século XX. Pero a aportación de Simone non se reduce ao terreo do feminismo, foi unha loitadora incansable polos dereitos humanos .Analiza a condición de vida dos marxinados (coma as persoas maiores) dende o punto de vista histórico, filosófico e político. En 1929 coñece ao que sería o seu compañeiro durante case toda a súa vida, o filósofo Jean Paul Sartre.