Print this page

A Galería Mulleres dedica o mes de marzo á artista Leonora Carrington

Rate this item
(0 votes)

A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á Pintora, escritora, escultora, gravadora e dramaturga Leonora Carrington (Lancashire, Inglaterra 1917–Mexico, 2011) este mes de setembro.

Coa Galería de Mulleres destácase cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia,... Cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra. Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que fagan referencia á mesma.

 

Leonora Carrington foi unha das figuras máis relevantes do surrealismo. A súa pintura reflicte un mundo fantástico mesturado co seu mundo cotidiano. Os seus son cadros de desbordante fantasía onde se mestura o onírico, o celtismo e a xenialidade e rebeldía de Leonora. Foi unha muller comprometida que denunciou públicamente a ameaza do nazismo; dende os primeiros días da Segunda Guerra Mundial, a partir do momento en que os nazis entraron en Francia o 24 de xuño de 1940, denunciou nas rúas de Madrid a Hitler, a Franco e a Mussolini . Viviu en México, e alí relacionouse con artistas como Luis Buñuel e a pintora Remedios Varo, a súa gran amiga. Leonora tivo unha grande influencia na arte mexicana. Rebelde e solidaria, desempeñou un importante papel na formación do movemento feminista da cidade de México.