Print this page

A Galería Mulleres dedica o mes de maio á poeta e tradutora Xela Arias

Rate this item
(0 votes)

A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía dedica á poeta, traductora e editora Xela Arias (Lugo, 1962 - Vigo, 2003) este mes de maio.

Coa Galería de Mulleres destácase cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, ... Cada mes estará dedicado a unha muller e repartiranse carteis nos que apareza esa muller e indicacións para informarse sobre ela ou para acceder á súa obra. Con cada muller destacada indicarase que libro ou libros están á disposición do usuario/a na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, escritos por esta muller ou que fagan referencia á mesma.

Xela Arias estivo vinculada a Xerais desde o nacemento da editorial en 1979. Foi unha das pioneiras na tradución ao galego, labor polo que recibe diversos recoñecementos como a Medalha do Premio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro, póstumo.

Xela foi calificada pola crítica como rupturista, transgresora, valente, e ousada, a súa personalidade poética adiántase ao seu tempo. O poemario Intempériome foi editado o mesmo ano da súa morte.