Print this page

A gaiense Sara Brandão faise co IV Premio Literario Nortear para escritor@s galeg@s e portugues@s

Rate this item
(0 votes)

A obra Ver, da escritora de Vila Nova de Gaia Sara Brandão, foi elixida como obra vencedora do IV Premio Literario Nortear, promovido pola Consellería de Cultura do goberno de Galicia, pola Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal.

Ver impúxose aos 31 traballos de mozos escritores, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

Presidido por Carla Sofia Amado, Responsábel polo Instituto Camões; e integrado David Pontes, xornalista Xornal Público; Paula Carballeira, escritora galega; Armando Requeixo, crítico e investigador; e Carlos Lopes, representante da EDÍTAME, o xurado valorizou na obra, a escrita moi correcta, a estrutura con base sólida e coherencia na escrita.

Ademais da cantidade económica establecida nas bases do concurso máis a publicación da obra, o premio ten como principais obxectivos distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambas as beiras do Miño, incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e portuguesa, e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre estes dous países.