Print this page

A Fundación Risco produce a versión subtitulada ao galego de Pa negre máis a edición do libro

Rate this item
(0 votes)

A Fundación Vicente Risco de Allariz organiza hoxe, ás 21.00 h. no Auditorio Municipal de Ourense a estrea da versión subtitulada ao galego do filme Pa Negre, candidato ao Oscar ao mellor filme en fala non inglesa.

Así mesmo dende esta semana xa estará á venda nas librerías a versión en galego da novela de Emili Teixidor, editada pola propia Fundación Risco, que se venderá conxuntamente co DVD do filme na súa versión orixinal subtitulada ao galego ao prezo de 25,00 euros.

Quen teña interese en asistir hoxe á estrea pode solicitar entradas nas librarías de Ourense, na librería Aira das Letras de Allariz, nas oficinas do Festival de Cine de Ourense ou solicitalas a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. até límite de aforo.