Print this page

A Fundación Barrié acolle unha mostra sobre a faceta xornalística de Paz Andrade

Rate this item
(0 votes)

A Fundación Barrié inaugurou na súa sede da Coruña a exposición A Galicia do Galicia (1922-1926), unha mostra arredor da vertente xornalística de Valentín Paz Andrade.

Debuxos, carteis, fotografías, correspondencia, exemplares orixinais do xornal ou obxectos persoais son algúns dos materiais que conforman a mostra. Trátase de documentos inéditos na súa maioría que renden homenaxe ao xornal Galicia, unha das cabeceiras máis relevantes da nosa historia xornalística.

Deste xeito a Fundación Barrié súmase á celebración do Día das Letras Galegas con esta exposición comisionada polo secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos. En palabras de Axeitos: "A biografía intelectual de Paz Andrade non se pode explicar sen a súa faceta xornalística e sen Galicia". Porén, a exposición constitúe tamén un documento testemuñal en si mesma, pois "Galicia é a sinatura dos degoiros galeguistas dos anos vinte".