Print this page

A Fundación Granell acolle un Maratón de lectura dedicado a Carvalho Calero

Rate this item
(0 votes)

A Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela organiza o Maratón de lectura, que este ano, marcado pola pandemia, cambia a súa data tradicional do mes de maio a mañá mércores 25 de novembro, cadrando así coa semana de celebración do aniversario do pintor e escritor surrealista Eugenio Granell.
Deste xeito, a Fundación dedica este Maratón a Ricardo Carvalho Calero, dada a súa vinculación coa figura de Eugenio Granell, sumándose así á conmemoración do Día das Letras Galegas e contando, nesta ocasión, coa colaboración de la Real Academia Galega.

Eugenio Granell, no seu libro Memorias de Compostela, relata como coñeceu a Carvalho Calero e o capítulo titulado “Amistades” comeza cun pequeno texto dedicado a el, di Granell “De Carballo Calero no recuerdo el nombre, pero no se me borró el prestigio de su estampa. Me asombraba su dominio de un horizonte cultural que me imaginaba inabarcable".

Como todos os anos, as persoas interesadas en participar neste Maratón de lectura poden achegarse ao Museo de 11.00 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 20.00 h. a escoitar ou participar lendo algún fragmento da obra de Carvalho Calero.

Dadas as circunstancias actuais por mor da Covid 19, dende a Fundación Granell indican que seguirán para o desenvolvemento deste acto as instrucións sanitarias vixentes neste momento.