Print this page

A Festa da Faba de Lourenzá homenaxea nesta edición a Francisco Fernández del Riego

Rate this item
(0 votes)

O Concello de Lourenzá realizará unha homenaxe póstuma a un dos seus veciños máis ilustres, Francisco Fernández del riego, falecido hai un ano. Esta homenaxe desenvolverase no transcurso da XXI edición da Festa da Faba, un dos produtos máis coñecidos do concello lugues.

Os actos de homenaxe desenvolveranse principalmente na primeira xornada da Festa, o venres día 30. Ás 17.00 h. a igrexa de Santa María de Valdeflores acollerá unha misa recordatorio do intelectual galeguista. De seguido, na praza do Conde Santo terá lugar unha ofrenda floral ante a estatua de del Riego para, posteriormente, realizar o acto oficial de homenaxe póstumo a Francisco Fernández del Riego no Salón de Actos da Casa da Cultura.