Print this page

A Feira do Libro do Porriño que comeza hoxe acollerá un roteiro Antonio Palacios

Rate this item
(0 votes)

Oito stands de librarías, quince actos de presentacións, coloquios e firmas de libros e vinte autores que estarán presentes, son algúns dos números máis salientables da IV Feira do Libro de Porriño que arrancará hoxe na rúa Ramón González.

Entre os escritores que pasarán pola Feira estarán Ledicia Costas, María Soliño, Raquel Castro, Sonia Mirón ou o porriñés Diego Giráldez co seu libro Hotel para coleccionistas discretos (Galaxia).

Unha das actividades novidosas deste ano esta vencellada cos actos de lembranza á figura de Antonio Palacios que está a realizar o Concello de Porriño. Consistirá nun roteiro polas obras que legou o arquitecto na súa cidade. O percorrido será guiado por dous especialista na obra de Palacios: Xosé Ramón Iglesias e Xosé Ramón Paz Antón e terá lugar o sábado 11.

A Feira do Libro do Porriño celébrase baixo o lema “Máis que palabras”, no que constitúe unha homenaxe a Antón Fraguas, o autor que este ano lembramos co gallo do Día das Letras Galegas.

A Feira abrirá ás casetas hoxe ás 19.00 h. coa lectura do pregón a cargo da escritora mosense Clara Do Roxo, e pechará as súas portas o domingo 12 de maio. O horario das casetas será de 11.00 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 21.00 h. Todos os libros terán un desconto do 10%. 


Download attachments: