Print this page

A edición galega estará presente un ano máis na Feira do Libro de Frankfurt

Rate this item
(0 votes)

A edición galega está presente na Feira Internacional do Libro de Frankfurt, unha das citas europeas sectoriais máis importantes, que se desenvolve na cidade alemá do 11 ao 15 de outubro. Deste xeito, as editoriais Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, KNS Edicións, Hércules de Ediciones, Nova Galicia Edicións, Alvarellos, Arnoia Distribución, Bolanda, Kalandraka, MC Sports, Bululú e Catro Ventos difunden a súa produción a través do stand de Galicia, co apoio da Consellería de Cultura do goberno galego. Pola súa banda, os libros de Xerais tamén estarán presentes no stand do grupo Anaya; o Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega tamén compartirá stands con outras editoriais; e NovaGalicia Edicións e Kalandraka editoria disporán dun espazo de seu na Feira.

Este encontro é cita obrigada para o sector editorial non só europeo, senón de todo o mundo, xa que nel teñen lugar as negociacións sobre os dereitos de venda entre libreiros e editoriais, así como as dos dereitos publicitarios dos libros. O certame é profesional, pero ábrese ao público durante a fin de semana. Conta con 7.000 expositores e preto de 300.000 visitantes.