Print this page

A Deputación de Lugo pásase ao dixital

Rate this item
(0 votes)

A Deputación de Lugo pon en marcha un novo sistema de edición de publicacións en formato dixital. Antón Bao, vicepresidente da entidade, quixo salientar unha importante novidade, como é que “Textos metaliterarios nas Letras Galegas no período 1920-1950 é unha publicación en CD, co que se pon en marcha por primeira vez un novo sistema de edición de publicacións en formato dixital”. Igualmente subliñou que “estamos apostando por unha innovación coa que ademais se moderniza o servizo de publicacións da Deputación de Lugo” e "facilita a súa distribución e minimiza os custes, optimizando os nosos recursos”.

Hai que ter en conta que os libros que se editarán en formato dixital son, na súa maioría, moi extensos e terían un prezo moito máis elevado e, a súa edición, un custo medioambiental alto. O formato dixital facilita o envío destas publicacións a calquera parte do mundo e a baixo custo, mentres que na edición tradicional, o custo dos envíos pode superar o da propia obra, e tamén posibilita que no futuro poidan adquirirse estas publicacións en liña.