Print this page

A Deputación de Ourense aproba conceder a Carlos Casares a medalla de ouro da provincia, a título póstumo

Rate this item
(0 votes)

O Pleno da Deputación de Ourense aprobou na sesión de hoxe, correspondente ao mes de novembro, celebrada no Pazo Provincial, conceder ao escritor Carlos Casares a medalla de ouro da provincia, a título póstumo.

O expediente de honra sinala que se lle outorga esta distinción ao intelectual ourensán "como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria cultural e social marcada polo seu carácter conciliador que forxou na súa etapa máis ourensá". Tamén sinala o expediente que as meritorias circunstancias persoais e profesionais que concorren no escritor Carlos Casares "son determinantes para avaliar as calidades que honran a este persoeiro", e é obrigado deber da Deputación promover a exaltación dos fillos ilustres da provincia de Ourense "que dedicaron a súa vida e as súas actividades a prol do noso desenvolvemento, tanto cultural, artístico, musical, social como económico".