Print this page

A Coruña celebra un ano máis a Festa do Libro

Rate this item
(0 votes)

Dentro da programación de lectura da cidade "Eu amo ler", desenvolverase entre os días 13 e 17 de maio unha nova edición da Festa do libro, que se desenvolverá nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña. Esta Festa está organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña.

Ao longo destes cinco días terá lugar un interesante e completo programa de sinaturas e presentacións de libros, actuacións, obradoiros, lecturas colectivas, descontos... Está confirmada a presenza de autores como Xulia Alonso, Kiko da Silva, Antón Patiño, Eva Veiga, Diana Varela Puñal...

O horario da Festa do Libro será de 11.30 h. a 14.00 h. e de 17.30 h. a 21.30 h., e os participantes son: Bibliotecas municipais, Alita Comics, Couceiro, A Libreira, Nós, Xiada, Sisargas, Queixume, Arenas, 7 Mares e Tanxencias.