Print this page

A Coruña acollerá o Congreso Novoneyra

Rate this item
(0 votes)

Organizado pola Real Academia Galega coa colaboración da Universidade da Coruña e da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña terá lugar, os días 17, 18 e 19 de febreiro do 2011, o Congreso Uxío Novoneyra.

Chus Nogueira, Darío Xohán Cabana, Luís Alonso Girgado, Antón Patiño, Ana Acuña, Anxo Angueira, Carme Blanco son algúns dos especialistas que se achegarán ao longo desas tres xornadas á figura do poeta courelán e ao seu entorno, tanto persoal como paisaxístico, que conformarían posteriormente a súa obra. Para o venres 18 está previsto un recital poético con con Yolanda Castaño, Salvador García-Bodaño, Luz Pozo e Manuel Rivas.

Organizado por un comité formado por Xosé Luís Axeitos, Carlos Paulo Martínez Pereiro e Carme Vilariño, a inscrición ao congreso é gratuíta. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. en que figuren os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, enderezo postal completo, correo electrónico e teléfono. Admitirase un número máximo de 100 solicitudes por rigorosa orde de inscrición. Entregarase un diploma de asistencia aos inscritos que acrediten ter participado en todas as sesións e aos alumnos da UDC está previsto a convalidación de dous créditos de libre configuración. As sesión terán lugar no Salón de Actos da Real Academia Galega e no Paraninfo da Universidade da Coruña.