Print this page

A Coruña acolle unha nova edición de Achegarte

Rate this item
(0 votes)

A concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, presentou a edición 2011 do Achegarte, que se realizará os días 2 e 3 de abril no Palexco.

Achegarte, que naceu como iniciativa coruñesa tras o abandono no 2010 por parte da Consellería de Cultura do Culturgal e que este ano tivo lugar en Pontevedra, será o espazo para mimar a cultura galega, para visibilizala, e para gozar das súas variadas manifestacións, pero sobre todo será un espazo aberto a todo o público, con preferencia cara o familiar, para dar a coñecer a cultura galega en todos os ámbitos: a literatura, a música, a danza, o teatro, a ilustración, a maxia, o audiovisual ou as novas tecnoloxías. Para iso, en Achegarte estarán presentes asociacións profesionais e entidades que impulsan a creación cultural do país.

As liñas estratéxicas deste Achegarte 2011 marcadas son un maior protagonismo ao ámbito da creación e dos creadores, a incorporación da cultura de base, a cultura amadora e a sociocultura, a contribución á difusión e visibilidade dos produtos culturais galegos e a procura da conexión coa cidadanía e públicos.