Print this page

A Coruña acolle a III Xornada da Sección de Literatura Dramática. A palabra teatral

Rate this item
(0 votes)

O Espazo Normal da Coruña acolle este sábado 24 de novembro a III Xornada da Sección de Literatura Dramática. A palabra teatral, que organiza a AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e da Universidade da Coruña, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO.

 

Programa

09.45 h. Apertura da III Xornada. Con Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG e Cilha Lourenço Módia.

10.00 h. Mesa redonda A literatura dramática galega no último cuarto do século XX.

Presenta Xesús Pisón: interveñen Manuel Lourenzo e Henrique Rabuñal.

11.25 h. Mesa redonda A literatura dramática galega nas primeiras décadas do século XXI.

Modera Afonso Becerra de Becerreá. Interveñen Eva Ferreira e AveLina Pérez.

12:45 Mesa redonda O teatro nas aulas.

Modera Rosalía Fernández Rial. Ponentes: Raquel Castro e Fran Godón.

16.00 h. Festival Pezas dun teatro do porvir. Procesos abertos de escrita dramática.

18.30 h. Clase maxistral a cargo de José Maria Vieira Mendes, recoñecido dramaturgo portugués. Presenta: Cilha Lourenço Módia.

Aberto a todas as persoas interesadas. O autor falará sobre as relacións entre literatura e o teatro, centrándose nos textos e contextos no teatro portugués actual, e posteriormente manterá un coloquio co público asistente.

 

Coa coordinación de Afonso Becerra de Becerreá, Vogal de Literatura Dramática da AELG, e Cilha Lourenço Módia, da Universidade da Coruña.