Print this page

A Casa-Museo Manuel María celebra a sexta edición do Convivio da Cultura Galega

Rate this item
(0 votes)

Este sábado de xullo celébrarase a sexta edición do Convivio da Cultura Galega na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei.

Organizado pola Casa-Museo Manuel María, este tradicional convivio busca unir a todas as galegas e galegos e entidades culturais e a participaren desta xornada lúdica e festiva, de encontro e recuperación do espírito comunitario das tradicionais romarías, de foliada e xantar demorado..., ao redor da figura de Manuel María, para celebrar a cultura do noso país, e o traballo de base que levan a cabo as distintas asociacións culturais.

O encontro, como vén sendo habitual, desenvolverase entre a Casa-Museo Manuel María, no centro da vila de Outeiro, onde se acollerá os participantes a partir das 11.30 h., e a carballeira de Santa Isabel, unha fermosa paraxe natural, situada a menos de 1 quilómetro da casa natal de Manuel María, onde conflúen as augas do río Ladra e de río Miño. Transformada hoxe nunha magnífica área recreativa, o Campo de Santa Isabel foi tradicionalmente o lugar da festa e tamén o lugar dos xogos infantís e das descubertas da natureza, de aí que para Manuel María fose sempre un lugar moi querido e tan presente na súa obra.

 

Programa

11.30 h. Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María co coro da asociación cultural e musical SOLFA.

12.30 h. Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro. Intervén o arqueólogo e dinamizador cultural Felipe Senén.

13.00 h. Concerto da Banda Municipal de Música "Sons e Soños" de Rábade-Begonte-Outeiro na carballeira de Santa Isabel.

14.00 h. Xantar campestre na carballeira (cada quen ten que traer a súa comida e bebida).

17.00 h. Foliada, para cantar e bailar, con distintos grupos de música tradicional.

Ás 12.15 h., no auditorio da Casa-Museo, haberá un encontro das entidades culturais que forman parte da Federación Galiza Cultura.