Print this page

A Casa-Museo A Solaina acolle a X Forxa Literaria

Rate this item
(0 votes)

A Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño (Vila de Cruces) organiza para os vindeiros 7, 8, 9 e 10 de xullo a X Forxa Literaria. Encontros culturais no rural. Nesta nova edición homenaxearase a Daniel González González, máis coñecido como O Tío Xanete e nx0woé María López López, o Astrónomo.

Os actos comezarán o xoves 7 ás 18.00 h. co acto de inauguración a cargo do Padroado da Fundación "A Solaina".  De seguido proxectarase o documental Luís González López "Ferreiro", presentan Luis González Lopez, Roi Cagiau e Valentín García Gómez.

Na cita do venres Mª Dolores González Pérez presentará o seu libri O vento do Noroés. A autora estará acompañada por Héitor Mera, Tino Vaz e Raúl Belloso.

A xornada do sábado acollerá os actos principais desta X Forxa Literaria, coas homenaxes a Daniel González González e a nx0woé María López López e a descuberta dos altos relevos de Daniel e nx0woé María feitos por "O Vila". Unha mesa redonda con Daniel González González, Xosé Vázquez Pintor, Ana Ulla e Daniel González Alén e a música de Plácido Rozas e Enrique Viz e Os Xuncos pecharán os actos deste día.

O domingo, clausura desta nova Forxa literaria, principiará coa presentación do libro Cambio de estrelas (Toxosoutos) de Iria Pedreira e co monólogo de Cándido Pazó titulado Falar non ten cancelas. De seguido celebrarase un recital músico poético onde intervirán Andrés Lareo Jr., Tamara Soto Soto, Nicolás Soto Mazás, Cristina Gende, Alba Payo Froiz, María Lado, Celso, Fernández "Celsiño", Andrea Porto Mato e nx0woé Luís Taboada Areán.

Outro dos actos máis significativos son as entregas das medallas "Amigo de Asolaina", que este ano recaen en Xosé Luna, Valentín García Gómez, nx0woé Mª López López, Xoán Xosé Fernández Abella e Futbol Sala Piloño de Caracas, recolle Adolfo Soto Barcala.