Print this page

A Biblioteca 'Ánxel Casal' de Compostela recibirá todo o fondo editorial da USC

Rate this item
(1 Vote)

A Universidade de Santiago envía dende o pasado mes toda a súa produción editorial á Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago. O acordo vai ser simbolizado coa doazón completa das coleccións Clásicos do Pensamento Universal, Biblioteca de Divulgación-Serie Galicia, Día das Letras Galegas e todas as revistas da USC.

En opinión do director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, “esta colaboración é o lóxico e inevitable reflexo do papel que a actividade editorial da universidade compostelá ten que ter nos fondos da Biblioteca de referencia da nosa cidade” que dirixe Carina Fernández Faya.

Como parte dun programa sistemático de doazón institucional establecido hai unha trintena de anos, os libros e revistas da universidade están presentes na súa totalidade no resto das bibliotecas nodais do país (Bibliotecas Públicas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra).