Print this page

A biblioteca municipal de Verín recibe un premio polo seu labor en prol da animación á lectura

Rate this item
(0 votes)
BPM de Verín BPM de Verín Foto: Concello de Verín

A biblioteca municipal de Verín ven de acadar o Premio María Moliner ao mellor proxecto de animación á lectura a concellos de entre 5.001 y 20.000 habitantes, polo seu proxecto titulado Voluntariado Cultural para o Fomento da Lectura. Este premoi outórgao o ministerio de cultura do estado español, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Fundación Coca-Cola, e ten como obxectivo premiar os mellores proxectos ou actividades de dinamización lectora desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre nenos e mozos, que constitúen a base dos futuros lectores adultos.

A Biblioteca de Verín iniciou o citado proxecto hai xa dez anos, cando comezou a realización de contacontos e manualidades, con aqueles nenos/as que acudían regularmente ás súas instalacións, converténdose isto nunha práctica cotiá fora de calquera actividade esporádica. Aqueles nenos que comezaron, hoxe xa adultos, coas súas carreiras universitarias rematadas ou a piques de finalizalas, foron o inicio deste premiado proxecto, que fixo que as seguintes xeracións de rapaces quixesen ocupar o seu lugar e deste xeito ser unha constante habitual, que os nenos que son participantes nas actividades cheguen a converterse en actores principais.

Ao longo destes anos, foron máis de 500 actividades de fomento á lectura, onde tamén tiveron cabida, multitude de conferencias, presentacións de libros, exposicións, concursos e coma non o servizo estrela do verán que é a Biblio-Piscina e Biblio-Rúa, servizos tamén atendidos polos Voluntarios da Biblioteca.

Ademáis da biblioteca de Verín, tamén se recoñeceu o traballo desenvolvido por outras sete bibliotecas municipais galegas en prol da animación á lectura: Rego da Balsa, de Carballo, Juán Fernández Latorre, de Ortigueira; a biblioteca de Rialeda, en Oleiros; a biblioteca municipal de Ares, as bibliotecas municipais de Sober, Xermade e O Saviñao; a biblioteca de Pereiro de Aguiar; e as bibliotecas municipais de Curtis, O Grove, O Porriño, Pazos de Borbén e Redondela.