Print this page

A Biblioteca da Limia abrirá no mes de abril

Rate this item
(0 votes)

O Consello Asesor do Museo Etnográfico da Limia, en Vilar de Santos, abordou varias cuestións na súa última xuntanza.

Entre as máis salientables está o apoio activo á decisión por parte do Concello de Xinzo de Limia de presentar a candidatura de Antón Tovar ás Letras Galegas 2019. Así, entre outras decisións, resolveuse instar ao Concello de Rairiz de Veiga a recuperar o premio de poesía “Antón Tovar”.

Finalmente, fixouse abril como mes de inauguración da nova Biblioteca da Limia, iniciativa do Museo Etnográfico da Limia, con sede na sala de conferencias do segundo andar do espazo museístico, que o que pretende é escolmar a produción artístico-plástica, literaria e ensaística de autores da Alta e a Baixa Limia, así como de temas relacionados coa comarca limiá.