Print this page

A arte na biblioteca Baltar exponse no Museo do Pobo Galego

Rate this item
(0 votes)

O Museo do pobo Galego acolle ata o vindeiro día 25 de xullo a exposición Arte na Biblioteca Baltar. A arte contemporánea, que recolle monografías de gran formato, revistas ou catálogos, aínda que predomina claramente o Surrealismo cunha postura de reivindicación social a través da arte. A crítica de arte Mercedes Rozas e a bibliotecaria do Museo Rosa Méndez son as responsables da selección dos exemplares para esta ocasión, baseada principalmente nos libros de arte ilustrados e publicados na primeira metade do século XX. Nos fondos da Biblioteca Baltar apréciase a idea expresada por Borges de que os libros de cada persoa reflicten o máis íntimo e persoal de cada un. Estes exemplares, vinculados á arte en xeral e con numerosas e explícitas referencias a Galicia, ás Vangardas europeas e a Picasso en particular, din moito de quen se interesou durante anos por adquirilos e gozalos. A insistencia nunha temática vinculada á arte vese resaltada, se cabe máis, por publicacións nas que arte e literatura viaxan xuntas, achegando unha asociación creativa consumada polo traballo ilustrativo dos pintores e a poesía ou o relato dos escritores.

Esta exposición mostra unha escolma da sección bibliográfica de arte presente nestes fondos, que hoxe, viven xa enlazados á vida do Museo do Pobo Galego.