Print this page

A A.C.G. Rosalía de Castro de Cornella premia a Amauta Castro na XXXI edición do seu certame poético

Rate this item
(0 votes)

No día de onte celebrouse o acto de concesión dos premios do Certame de Poesía en Lingua Galega “Rosalía de Castro”, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornella (Barcelona) que este ano acada a súa  XXXI edición, e no que xe lle concedeu o primeiro premio a Amauta Castro polo seu poema Da pel sae o escuro.

O acto de concesión dos premios foi precedido da presentación, na sala de actos de Asociación do libro Corpo de Antiochia (Galaxia) de Tamara Andrés Padín, editado por Galaxia, unha recolleita de poemas cos que autora gañou diversos premios.

Asemade tamén se presentou a serie cinematográfica La ultima piedra unha  webserie creada pola propia Tamara Andrés e Adrián González, e consta de seis capítulos de historias de xénero.

Pola noite e no transcurso dunha cea celebrada no restaurante da Asociación galega de Cornella, e presidida polo seu  presidente, Oliver Fernández, á que asistiron numerosos socios e amigos, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a sociedade de Catalunya e Galicia, ademais de representantes da Corporación Municipal de Cornella e delegacións doutras entidades galegas de Cataluña, o presidente do xurado do certame, composto por María Xesús Lama López (como presidenta), Tamara Andés Padín (como vicepresidenta) e Xulio Simón, Xosé Lamela, Xosé Carlos García (como vogais) e como secretario o profesor Xulio Cougil Vázquez, deu a coñecer aos gañadores deste ano 2017 na 31 edición do Certame de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro, que foron os seguintes: primeiro premio para Amauta Castro, de Xirona, polo seu poema titulado Da pel sae o escuro; segundo premio para Juan Lorenzo Collado Gómez, de Albacete, polo poema Nas pestanas da rúa; e o terceiro premio: para Arsenio Iglesias Pazo, de Bilbo, polo seu traballo Principio ou final do poema