Print this page

67 obras de 22 editoras benefícianse das axudas para a tradución e edición do libro galego

Rate this item
(0 votes)

A Consellería de Cultura e Educación do goberno de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura, acaba de resolver as axudas á tradución a outras linguas de obras publicadas en galego e á tradución ao galego de obras publicadas noutras linguas, así como para a súa edición. Trátase dunha subvención de carácter bianual, á que se destinan 200.000 euros e da que se van beneficiar 67 publicacións de 22 editoras diferentes.

Con esta orde de axudas preténdese facilitar que se atopen no noso país e na nosa lingua os textos significativos producidos no exterior, ao mesmo tempo que proporcionar ás nosas autoras e autores vías para exportar a súa produción. Coa subvención da edición das obras traducidas poténciase a publicación e comercialización do libro, para contribuír ao enriquecemento do patrimonio bibliográfico galego. Á subvención da tradución desde outras linguas para o galego destínase o 60 % do orzamento total previsto, mentres que o 40% restante vai para a tradución desde o galego para outras linguas.

Un total de 50 obras de 11 editoras foron traducidas ao galego, mentres que 17 libros doutras 11 editoras foron vertidas do galego a outras linguas, como o inglés, o portugués, o castelán ou o francés, pero tamén ao macedonio, o armenio ou o serbio.

O listado completo de obras pódese consultar aquí.