Print this page

30 aniversario do Monolito Pondaliano

Rate this item
(0 votes)

A Fundación Eduardo Pondal, Concellería de Cultura, Servizos Sociais e colectivos asociativos do Concello de Ponteceso, organizan unha serie de actos culturais de lembranza no XXX aniversario do Monolito Pondaliano que se desenvolverán ata o 4 de setembro.

Dende onte pódese visitar, no Centro Cultural de Ponteceso, a exposicion “Terra de Bergantiños” e “Bibliografía dos escritor@s pontecesáns” e na Fundación Ricardo Pérez Verdes unha exposición e exhibición de xogos tradicionais, mentres que nas librerías A Pesqueira e A Tenda dos Libros haberá unha exposición e venda de libros de autor@s pontecesáns.

Hoxe ás 19.30 h. , na Praza do Pan de Corme estará Jesús Méndez Torrado, “Lembranza do gaiteiro Calixto dos Maravillas” e actuación dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego.

Mañá pola mañá Manuel Vilar, Xan Fernández Carrera, Luís Giadás, Jesús Couto e Manuel Caridad participan en “A lingua viaxeira. Un percorrido polas romarías da Costa da Morte”. mentres que para o xoves ás 20.00 h., na igrexa de San Fins de Anllóns estrearase a curtametraxe A campana de Anllóns de Dani Puente.