Print this page

24 de febreiro, Día de Rosalía

Rate this item
(0 votes)

O vindeiro 24 de febreiro, Día de Rosalía, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza unha lectura simultánea de textos rosalianos en varias cidades e vilas do país, como xa fixera o pasado ano e coa intención de se converter nunha actividade estable.

Durante estes actos lerase un manifesto que defina explicitamente o reclamo da AELG da actualidade da obra e pensamento rosaliano e a súa transmisión didáctica ás novas xeracións a través tamén da implicación da escola, así como a demanda dun Panteón de Galegos Ilustres que de verdade sexa de titularidade pública e de uso laico, aberto a todas as persoas que a queiran honrar como unha das personalidades fundadoras do noso país, xunto aos demais ilustres que alí descansan, para reforzo e orgullo da memoria colectiva de Galicia.

Os lugares confirmados a día de hoxe son:

Santiago de Compostela, Panteón de Galegos/as Ilustres, San Domingos de Bonaval, 19.00 h.

A Coruña: Kiosko Alfonso, 19.00 h.

Vigo: Casa Galega da Cultura, 20.00 h.

Lugo: Museo Provincial, 19.30 h. No acto a desenvolver no refectorio do Museo, con entrada libre, participará profesorado e alumnado do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros, CPR María Auxiliadora, IES Manuel Leiras Pulpeiro e IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, xunto con Pilocha que interpretará a capella poemas de Rosalía de Castro.

Betanzos: Salón azul do Edificio do Liceo, 20.00 h. Colabora a A.C. Eira Vella

Ferrol: Galería Sargadelos, 19.00 h.

Ourense: Libraría Torga, 18.00 h. Colabora Gremio LiterAuria