Print this page

180 concellos acollerán actividades dentro do programa Ler conta moito

Rate this item
(0 votes)

O Diario Oficial de Galicia publicou este pasado luns a resolución da liña de axudas a entidades locais coas que o goberno de Galicia facilita a programación de actividades de dinamización de lectura nas bibliotecas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, ao abeiro do programa Ler conta moito. Na edición deste ano resultaron beneficiarios un total de 180 concellos que programarán as actividades en 227 bibliotecas públicas.

Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas que se desenvolve en colaboración coas entidades locais. Trátase dunha programación que ten como obxectivo contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir.

Ademais, o desenvolvemento destas actividades de dinamización no ámbito da biblioteca permiten reforzar o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as propias bibliotecas proporcionan.