Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Veu visitarnos... Clara do Roxo

Rate this item
(0 votes)
Clara do Roxo Clara do Roxo Foto: Paula Xirasola

Hoxe visítanos a escritora Clara do Roxo. Filla de galegos, naceu en Caracas (Venezuela), aínda que reside en Vigo dende os dez anos.

Licenciada en Xeografía e Historia, gusta de ler e de escribir, e grazas a esta faceta súa podemos gozar de libros como A princesiña que conducía unha locomotora (Galaxia) ou A mamá que perdeu as cóxegas, publicado este mesmo ano por Galaxia, aínda que tamén escribe para o público adulto, e como recoñecemento ao seu labor fican os premios e mencións que acadou, como o Manuel Murguía de narracións breves, A Cividade de Mos, o do Café de Catro a Catro, entre un longo etcétera.

Dixemos que Clara do Roxo gustaba de ler e de escribir, pero tamén gusta que outra xente partille esas afeccións, por iso imparte cursos literarios no concello de Vigo e no bar Catro a Catro.

Moitas grazas por visitarnos, Clara!

 

 


 

Antes da escritora ven a lectora. Que libros e lecturas foron importantes para vostede?

A verdade é que moitos, o primeiro que lembro foi A illa do tesouro, tiña gripe e mercoumo a miña nai para ler na cama. Non sei se foi a calentura ou que, pero ese libro enganchoume para sempre á lectura. Cen anos de soidade, que lin catro ou cinco veces marcoume tamén. Cos anos mesturei lecturas de todo tipo, na adolescencia procurei sempre intercalar un premio nobel ou un clásico con algún autor emerxente, esa etapa durou bastantes anos. Aínda hoxe o fago , vai por tempadas.

Teño autores preferidos claro, por enriba de todos está Saramago, penso que era un xenio literario cunha personalidade moi comprometida, unha combinación única. Logo estaría García Márquez por suposto, Pinilla, Blanco Amor, Kawabata, Mishima, Delibes… moitos. O meu último descubrimento é Helen Oyeyemi, absolutamente recomendable.

Cales foron as motivacións que a levaron a escribir?

A necesidade de plasmar os meus sentimentos foi a primeira motivación. Na actualidade só escribo ficción, preciso poñer nun papel as historias que inventa o meu maxín, algunhas baseadas na realidade, outras non.

E a dirixir esa escrita cara o publico infantil?

Non pensei nunca que podería ser unha escritora de literatura infantil. Eu escribía para adultos e creaba pequenos contos para o meu fillo Roque. Francisco Castro leu un deses contiños nun obradoiro que fixen con el e pareceulle que podería publicarse. Así comezou todo, aínda non saio do meu abraio.

Vostede ten unha ampla bibliografía que abrangue especialmente tanto a narrativa breve como a literatura infantil. É difícil separar eses dous mundos cando se senta a escribir?

Pódense separar sen problema, teñen puntos en común e diferenzas que non son tan grandes. Tan só teño que ser consciente do lector ao que vai dirixido cada texto. A técnica que utilizo é pensar que falo co lector e póñome ao seu nivel, sexa adulto ou neno. Entón é doado.

Qué é o que busca transmitir coa súa literatura?

A miña literatura ten moito de compromiso, dentro de calquera das miñas historias de ficción atópanse temas como o maltrato ás mulleres, a igualdade, o respecto, a pederastia, o acoso laboral, o acoso escolar, as enfermidades mentais, as desigualdades sociais… todo aparece entrefebrado nos meus textos, para min é tan importante entreter ao lector como dar visibilidade a problemáticas que existen na sociedade, e mesturar ambas cousas é sempre un obxectivo que teño en mente. Non falo de leccións morais, as leccións morais espántanme, pero si quero poñer á vista do lector temas que moitas veces agochamos ou non queremos ver. En definitiva, que o lector se atope no dilema moral de tomar partido cando poño a pelota no seu tellado.

No seu primeiro libro para o público infantil, A princesiña que conducía unha locomotora (Galaxia), rachaba co estereotipo de princesa de conto. Confía na literatura como ferramenta de mudar conciencias?

Si, para min é fundamental a igualdade, creo que aínda que avanzamos estamos lonxe de conseguila, non digo que agora as mulleres estean por enriba dos homes. Falo de igualdade absoluta. E iso ten que comezar polas escolas, pola educación dos máis pequenos, aprenderlles a rexeiten os estereotipos. A miña princesiña racha cos tópicos das princesas dos contos que non son nada por si mesmas e están a espera de que un príncipe azul veña bicalas. E despois? Despois non hai nada. É unha mensaxe claramente sexista, na que as mulleres non teñen entidade. Facerllo visible aos nenos e nenas é fundamental. Teñen cabeciñas espelidas, poden comprender que é perfectamente posible que a miña Marusela queira traballar nun oficio que en teoría “é de homes”, porque pode acadalo igual ca un home e ten tanto dereito a facelo coma eles.

En que se basea para escribir os seus libros?

Baséome en anacos da realidade. Vou co meu caderno no bolso e anoto todo o que vexo é que me chama atención, por ben, por mal, por singular, por noxento, por marabilloso. Unha frase da que logo pode saír un relato. Polo xeral observo moito á xente, as súas actitudes e as súas respostas aos problemas. Outras veces escoito no autobús un anaco dunha conversa que me resulta atractiva e continúo eu a historia. Teño os pés na terra, son unha persoa moi realista e ando sempre na procura dos motivos e os “por ques” da tristura, do desacougo, das mágoas… é unha tendencia ou un sentimento de empatía pola xente que sufre.

Cando principia un proxecto literario, como idea a trama dese novo libro? Como xorden as ideas?

Non teño sempre unha idea preconcibida. Os relatos para adultos nacen de ideas soltas que desexo ampliar e plasmar. Os meus personaxes xorden, polo xeral, a esa hora incerta xusto antes de estar totalmente esperta. Ou sexa, vinte minutos antes de soar o espertador. Teño un caderno na mesa de noite e anoto, medio durmida, polo menos unha palabra que me lembre esa idea, porque ao atoparme no entresoño, se non as escribo axiña, esvaécense.

No caso da literatura infantil é diferente, parto dalgún punto que quero poñer en claro. Por exemplo, a princesiña naceu de explicarlle ao meu fillo Roque o proceso da proclamación da Primeira República, pensei nun feito importante do reinado de Isabel II e foi a construción do primeiro tramo do ferrocarril. Logo as ideas apareceron soas. No caso de A mamá que perdeu as cóxegas, agromou do feito de saber que a nai dun compañeiro de clase do meu fillo tiña un cancro terminal e el semellaba non saber absolutamente nada. Pensei que tal vez se o soubese podería gozar da nai antes de que morrese. Suavicei un chisco a historia e xurdiu a novela.

Qué xéneros son os seus preferidos á hora de escribir?

Non me pecho a ningún, teño probado diferentes. Cando escribo non penso nos xéneros nin no estilo, tan só en que teño que plasmar as ideas que aboian no meu maxín.

Mantén algunha rutina de traballo?

Antes mantiña, agora dende que imparto obradoiros de escrita creativa teño menos tempo e aproveito calquera momento para escribir. Pero si que existe unha rutina.

Como mínimo os sábados e domingos pola mañá escribo mentres tomo café. Tiven varias “oficinas” nas que me sentín a gusto, non comprendo o motivo, pero gústame ese trasfego de cuncas de café, conversas pola metade e ruídos varios que hai nos bares. Aí é onde escribo, logo na casa corrixo. Son unha enferma da corrección.

Se estivéramos diante da súa mesa de traballo, que veríamos?

Un ordenador, varios cadernos con notas e tres dicionarios.

A importancia da ilustración na literatura infantil e xuvenil. Como é a súa relación cos ilustradores?

Dou unha gran importancia á ilustración, é fundamental que os ilustradores comprendan o que quixen expresar nos textos. Penso que esa é a materia pendente das editoriais. Non hai relación entre os ilustradores e os escritores practicamente. Eu tiven sorte nas miñas dúas novelas infantís, pero é precisa máis conexión.

Podería dicirnos algún ilustrador co que estea especialmente cómoda traballando?

Manuel Uhía entendeu moi ben que a miña princesiña que conducía unha locomotora era unha princesa atípica que rachaba tópicos e moldes. Non a debuxou guapísima de cabelo longo e louro, pensou nunha rapaza normal con arelas normais.

Qué significa para vostede o oficio de escritora?

É o máis importante para min como persoa individual, é o recuncho onde espallarme, onde soltar o maxín e deixalo libre. Non é unha afección, é unha necesidade.

Cales son as principais dificultades á hora de dedicarse ao oficio de escritora?

A falta de tempo. Eu non vivo da escrita, teño outro traballo que non me dá tantas satisfaccións. E teño familia coa que me gusta estar, así que teño que coller o pouco que me queda para a literatura.

Que é o mellor e o peor de se dedicar a escribir para o público infantil?

Eu non escribía o público infantil, de feito as novelas infantís escribinas para o meu fillo Roque, nunca pensei en dedicarme a esta literatura, pero agora decátome do gratificante que é. Ademais, os nenos que veñen ás presentación ou aos coles e leron os libros, pensan en min coma unha heroína.

E o peor?

O peor?? Non hai nada malo, a literatura infantil é moi necesaria, a través dela os nenos comezan a súa andaina como lectores, é fundamental que sexa boa. Hai escritores que pensan na literatura infantil coma un xénero menor, creo que se trabucan, todos temos en mente os nosos primeiros libros, que quedan gravados a lume e non os esquecemos nunca. É importante escribir para eles pensando en que serán futuros adultos e non ocultarlles nada. Non é un xénero menor en absoluto.

Que proxectos veremos en vindeiras datas da súa autoría?

Presentei na Editorial un libro sobre o acoso escolar, que é un tema que me preocupa, é unha novela infantil máis longa cas anteriores e penso que cargada de intención.

En canto á literatura de adultos, rematei unha novela hai pouco, pero está aínda “verde”, polo que non falarei dela polo de agora. Vai na liña do realismo máxico, e tentarei publicala cando remate de corrixila. Como son unha enferma da corrección penso que vai para longo.

Teño un proxecto de edición cos alumnos dos meus obradoiros de escrita creativa que une arte e literatura, as miñas dúas paixóns. Espero que estea rematado para o Nadal.

 

 

Buscar en Veu visitarnos >

Axenda LIX >

Nestes días >

No upcoming event!