Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Veu visitarnos... Anxo Fariña

Rate this item
(4 votes)
Veu visitarnos... Anxo Fariña Foto: www.anxofarina.com

Encantados estamos de recibir hoxe a visita do ilustrador e escritor vigués Anxo Fariña. Autor en verdade prolífico, leva agasallando ás súas lectoras e lectores asombrosas e engaiolantes historias dende hai máis de dez anos. Unha actividade que o seu público agradece xa que tamén é normal ver a Anxo percorrendo toda Galicia falando con elas e con eles, e ensinándolles o que se agocha tras os seus textos e tras as súas ilustracións. Non hai que esquecer que o vigués se manexa igual de ben nas dúas beiras creativas, o que dá como resultado libros realmente compactos e sólidos.

Creativamente Anxo Fariña parece ter unha especial atracción polo formato colección, velaí está como resultado os libros de Antón e Pompón, Don Quixote e Breogán ou os incribles Megatoxos. Aínda que as súas apostas fora deste formato non se quedan atrás, como queda reflectido nese premio Merlín e Frei Sarmiento que acadou coa súa novela A chave da Atlántida.

Moitas grazas pola túa visita Anxo!

 


 

o mago das formasDetrás dun escritor soe haber un gran lector. Cales foron eses libros e esas lecturas importantes para vostede e que aínda latexan na súa memoria?

Cústame traballo elixir un en concreto. Se penso na miña infancia podo citar: 20.000 Leguas de viaxe submarino, A historia interminable, Charlie e a fábrica de chocolate, O señor dos aneis...

E no caso da ilustración? Fálenos dese primeiro contacto, dese libro ou dese ilustrador do que ficou prendido na súa nenez.

Astérix de Uderzo, e Mortadelo e Filemón de Ibáñez. Uns clásicos da banda deseñada. Podía pasar horas perdido nas súas páxinas.

Vostede desenvolve por igual a faceta de escritor como a de ilustrador. En cal das dúas atópase máis cómodo?

Depende da época. Entre o ano pasado e este, por exemplo, estiven escribindo máis e o resultado foron dúas novelas para xuvenil/adulto. Emporiso, cando as rematei, necesitaba facer algo diferente e comecei unha serie de libros ilustrados para nenos de 3 a 6 anos.

En que momento é consciente de que o libro era o medio a través do cal quería expresarse?

Sempre me encantou inventar e contar historias, e sempre me gustaron os libros. Cando estaba a rematar a universidade escribín e ilustrei o meu primeiro álbum ilustrado Xabi non pode durmir. E aí experimentei o goce de ter eu control sobre toda a historia; tanto o que se podía ler, como o que se podía ver. Co tempo mesmo me ocupei eu de deseñar os meus libros, un xeito de facer o proceso creativo ata o último punto.

Gústanme os libros coma obxectos en si mesmos, como micro-entidades que se poden levar a calquera parte.

E a introducirse creativamente dentro do universo da literatura infantil?

O impulso definitivo para iso aconteceu hai anos despois mentres estudaba. Para poder custearme a universidade traballei como bolseiro nun centro de acollida de menores. Alí descubrín o poder das palabras e das historias.

Cómo lembra eses primeiros pasos no mundo da creación literaria?don quixote e breogan

Lembro eses primeiros pasos no mundo da creación literaria con moito agarimo. Recordo a ilusión que sentín cando me dixeron que querían publicar o meu primeiro álbum ilustrado. Souben nese intre que necesitaba contar máis e máis historias. Logo chegou o sempre tan sorprendente contacto cos lectores que non fixo máis que confirmar o que eu sentía.

Que é o que busca transmitir coa súa literatura?

Algo tan sinxelo como o pracer pola literatura en si mesma; o goce de ler e deixarse invadir pola historia como se fósemos nós os participantes da mesma.

Por outra banda e, dependendo do libro, hai temas que se repiten nos meus libros: o respecto pola natureza, o amor, a amizade, o mundo dos soños... As veces e premeditado e as veces é algo que xorde espontaneamente.

En que se basea para escribir os seus libros?

Cada libro é diferente e pode nacer dun simple detalle ou unha idea complexa. Unha conversa, unha comida, unha canción escoitada nun lugar recóndito... As historias están aí, agochadas, e so hai que buscar un pouco para atopalas.

Aínda que teño certa devoción polas historias fantásticas, gústame experimentar e probar novos camiños. Proba disto é a última novela que escribín que está baseada nunha vivencia persoal.

Houbo algunha persoa ou algún ilustrador que foron unha influencia importante na súa carreira?

En concreto non. Si que hai moitos pintores ou artistas que me interesan, mais non teñen unha conexión directa coa miña obra.

anton e pomponCales son os seus ilustradores máis admirados e en que medida teñen agora un peso na súa obra?

Me encantan as pinturas de Klimt o Mattise, os deseños de personaxes de Miyazaki, a expresividade de Dave Mckean o trazo limpo de Taniguchi... Hai tantas persoas con talento! A súa influencia non está tanto no seu estilo ou xeito de pintar ou ilustrar, como no que me inspiran para intentar mellorar o meu traballo.

Antón e Pompón, Don Quixote e Breogán, O Pelelliño, Os Megatoxos… Abondan na súa bibliografía o formato colección. Cal é o por que de traballar deste xeito?

Unha das cousas que máis fascinación me produce a hora de crear é a de construír un universo propio para cada historia. O formato colección me permite explorar e afondar nese universo e nos personaxes que habitan nel.

Seguindo o fío da pregunta anterior, e rachando con esa produción encadeada, acadou o premio Merlín no 2011 con A chave da Atlántida (Xerais). Que significou para vostede gañar ese premio?

Para min, gañar o premio Merlín, foi unha gran alegría, un recoñecemento ao meu traballo como narrador. Ademais, o galardón deume pulos no momento que máis o precisaba, pois acababa de finalizar a miña etapa en A Nosa Terra Edicións e non estaba a pasar por un bo momento.os megatoxos

Falando de A Nosa Terra, vostede tiña publicado unha grande parte do seu traballo aí. Que supuxo o peche da mesma?

O peche da A Nosa Terra Edicións foi para min un golpe moi duro. Doeume ver a persoas moi válidas arrastradas ao baleiro por culpa da falta de escrúpulos duns poucos. Por outra banda, tiven que facerlle fronte á parte menos amable do sector editorial; a loita polos meus dereitos nos xulgados e unha gran débeda económica que nunca recuperei.

Que é o mellor e o peor de ser escritor e ilustrador de libros infantís?

O peor como escritor, tanto ten se o fas para adultos como para rapaces, é a soidade e a incerteza da profesión. Na ilustración acontece o mesmo: non se valora o esforzo que supón cada creación.

O mellor... son tantas cousas que é difícil concretar. Traballar para nenos esixe responsabilidade, pero tamén ofrece liberdade. Iso é o que máis me atrae da miña profesión, a posibilidade de deixar voar a imaxinación e crear o imposible. Desenvolver mundos imaxinarios cos que poidan gozar os rapaces.

Que técnicas e materiais soe empregar á hora de ilustrar?

Para cada libro e para cada franxa de idade trato de adaptar o meu estilo. Combino tanto técnicas dixitais como analóxicas (lapis, acuarelas e tintas). Ultimamente estou a experimentar con apps de debuxo deseñadas para o Ipad. É unha gozada poder ilustrar con gran calidade fóra do estudo e mesmo tomando un café.

Que significa para vostede a profesión de ilustrador?

O certo é que eu non distingo a profesión de escritor da de ilustrador. Quero dicir que para min no fondo todo se resume a contar historias con linguaxes diferentes. Cando me preguntan a que me adico cústame traballo resumir nunha palabra todo o que fago, pois tamén son deseñador, docente en cursos e charlas, creador de contidos educativos...

Mellor ilustrarse ou ilustrar para outros autores?

Prefiro ilustrarme a min mesmo por cuestións prácticas. Cando escribo un texto o normal e que faga bosquexos ao tempo que plasmo as ideas en palabras. Logo, cando chega o momento de facer as ilustracións definitivas, xa teño medio camiño andado e xa sei con exactitude o que quero debuxar. Ilustrando a outros este proceso non me resulta tan natural.

En teoría estamos ante un auxe do libro electrónico. Como ilustrador, en que medida afecta isto ao seu labor profesional?

En teoría non debería afectar moito, pero como todos estes cambios chegan tan rápido, calquera escenario é posible. Creo que o libro electrónico é un formato e por tanto afectará no sentido en que un debe adaptarse a el. Pero iso xa acontece no papel. Eu son un “creador de contidos”, non un produtor. E o libro electrónico precisa de contidos.

a chave da atlantidaSe estivéramos diante da súa mesa de traballo, que veríamos?

Teño catro! Sen contar a mesa pantasma...

Na mesa 1 que é ben grande e con forma de “L” hai: ordenador sobremesa (mac), a tableta dixitalizadora, teclado, rato, escáner A3, impresora, a axenda, un taco de post-it, bonecos varios traídos de viaxes ou agasallados por amigos, unha portalapis de Sargadelos e un par de libros de deseño gráfico.

Na mesa 2 que é unha mesa de debuxo, hai: portaminas, rotuladores varios, goma de borrar, un flexo, papeis con apuntamentos e bosquexos e debuxos do meu último proxecto para os máis cativos da casa: Gliz.

Na mesa 3, a auxiliar: material de pintura, rotuladores, pinceis, botes de pintura, e trebellos varios.

Na mesa 4 hai: outro mac e outra tableta para cando preciso axuda dalgún compañeiro.

A mesa “pantasma” en realidade é calquera mesa. Me refiro a que teño unha manía que é escribir en cafeterías co barullo de fondo. Así que agora (estou nunha mesa pantasma), teño o meu portátil, unha moleskine, o móbil, un rotulador, un café e un vaso de auga.

En que proxectos está a traballar agora?

Teño dous manuscritos que verán a luz para o ano vindeiro. Un é xuvenil e sairá en galego e en castelán ao mesmo tempo. O outro é unha novela a medio camiño entre xuvenil e adulto que sairá, nun principio, só en galego.

Tamén estou a traballar nunha colección infantil que leva por protagonista a un neno-can que se chama Gliz. Un proxecto moi divertido cuns personaxes que espero lle gusten tanto aos cativos como me están gustando a min.

Ah, é xa estou a escribir o sexto libro dos Megatoxos. Aínda non ten título pero podo adiantar que estará ambientado nas nosas costas e nunha famosa batalla naval.

 

(+ info de Anxo Fariña)

Buscar en Veu visitarnos >

Axenda LIX >

Nestes días >

No upcoming event!