Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Veu visitarnos... Antonio Seijas

Rate this item
(5 votes)
Antonio Seijas Antonio Seijas Copyright: Antonio Seijas

Hoxe visítanos o ilustrador Antonio Seijas. Naceu en Ares no ano 1976 e é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Seijas deu os seus primeiros pasos como ilustrador na revista Golfiño de La Voz de Galicia no ano 2003. Dende aquela non deixou de debuxar e de crear, un labor que o levou a participar en múltiples exposicións e mostras e a colaborar en moitos proxectos sempre vencellados ao mundo da ilustración e da banda deseñada, campo que lle deu moitas alegrías, como gañar o premio Castelao no 2006 con Un home feliz (Lea) ou o Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012 pola adaptación en formato cómic que fixo da obra Cartas de Invierno, de Agustín Fernández Paz.

Na literatura infantil e xuvenil podemos ver o seu labor en libros como O castañeiro de abril (Xerais), Amar unha serea (Galaxia) ou Miña querida Sherezade (Baía), por exemplo.

Moi agradecidos por vir visitarnos, Antonio!

 


 

Comecemos polo principio, fálenos dese primeiro contacto coa ilustración, dese libro ou dese ilustrador do que se quedou prendido na súa nenez.

Pois tratando de lembrarme... penso que o primeiro libro do que me queda un doce recordo é o de Senda 2 de Santillana, coa historia de Totó e o circo ambulante. E mirando agora atopo que as ilustracións eran de Blanca Ramos.

En que momento decidiu vostede que a ilustración era o xeito no que quería expresarse?

Non creo que esa decisión exista, polo menos de xeito puntual ou consciente. É algo que xorde de xeito natural penso eu. Forma parte da personalidade, do xeito de comunicarse e percibir o mundo. Resúltame máis sinxelo pensar e transmitir en imaxes, supoño.

Vostede é historiador da arte, como chega a dedicarse á ilustración?

Son historiador da arte, mais son tamén un rexeitado de Belas Artes. Fun un dos tres ou catro que quedamos fora ate da lista de espera. Quero dicir que independentemente dos estudos, ou traballos previos, a ilustración era o camiño a seguir fose como fose.Profesionalmente ou non. Foi alá polo 2004 ou así, non sei como, mais ocorréuseme participar nalgún concurso de banda deseñada, destes de como máximo catro páxinas ou así. Despois nos que tiña a Xunta, Na Vangarda, creo que se chamaban. Vin que ía obtendo resultados. Así que máis adiante presenteime ao primeiro Certame Castelao de Banda Deseñada, sen moita idea, eran obras de máis de 48 páxinas e era un reto para min, nunca fixera tal cousa. Estiven a piques de gañar, quedei finalista xunto co que gañou, o de Rubín. E o ano seguinte tiven a fortuna de gañar con outra historia. Tamén por esas datas empecei a facer algunha encarga xa profesional, unha ilustración para unha revista, un libro, un disco... Así comezou todo, moi pouco a pouco, que é como segue, a modiño.

Cómo lembra eses primeiros pasos no mundo da ilustración?

Sigo a ter a sensación de estar dando os primeiros pasos!! Como en moitas outras cousas o mundo da ilustración non ten un camiño marcado nin único, ninguén che pode dicir o que tes que facer nin os pasos que debes dar. Un está sempre algo perdido sobre en cal dirección debe moverse. Polo menos no meu caso é unha constante, sempre hai dúbidas e incertezas para tratar de ir escollendo o camiño máis axeitado. Non hai un modo matemático de moverse neste mundo que non sexa o de ir un pouco a cegas, ás apalpadas. Mais así tamén imos na vida en xeral, non? ;)  

Houbo algunha persoa ou algún ilustrador que foron unha influencia importante na súa carreira?

Supoño que ningún e todos. Conscientemente non che sabería dicir, máis todo inflúe nun. Sempre digo que o ser ilustrador non é algo separado de ser persoa. Non so me inflúen os ilustradores, senón a literatura, a natureza, o entorno... todo o que me forma como persoa reflíctese na arte despois. Non se pode separar unha cousa de outra. De todos, ou case todos se aprende, seguro que hai moitas imaxes que un ve que despois quedan no inconsciente e tempo despois algunha cor, algunha composición, algunha luz, algo, vólveche ao maxín sen que te decates, mais non teño a ningún en mente.

Vostede ilustra tanto libros como portadas de discos, banda deseñada, fotografía, etc… Que diferenzas e similitudes hai na forma de enfrontarse a eses traballos?

Por paragóxico que pareza enfróntome de igual xeito a todos, para acadar cousas diferentes sempre.Detrás de todas esas encargas a misión fundamental é transformar un medio, xa sexan uns textos, unhas músicas, etc noutro medio, neste caso a imaxe. O que sempre fago igual e tratar de chegar á esencia do que teño que representar. Para facer unha cuberta quero ler o libro primeiro se é posibel, para chegar ao fondo do que quere transmitir, non quedarme na forma. Coa música igual, quero ler as letras, saber o que queren contar os músicos, escoitar as cancións, sentir o que contan... A meu deber penso que é que o espírito deses textos, desas músicas poida sentirse e verse cando ollas as ilustracións. E como cada obra ten un espírito distinto o resultado adoita a ser diferente.

Cinguíndonos ao eido da LIX, como se produciu a súa entrada neste mundo?

Como comentaba antes, aínda sinto que estou entrando nel. Pero de xeito obxectivo podería dicir que a primeira encarga que fixen neste eido foi a cuberta para a 20º edición da novela xuvenil “Cartas de inverno” de Agustín Fernández Paz. Dende aquela veño facendo bastantes cubertas para esa colección, Fora de Xogo de Xerais. En infantil foi “A Casiña de Chocolate” que saíu en formato libro máis Cd en Galaxia.

Que é o mellor e o peor de ser ilustrador de libros infantís?

O mellor é que é un eido que ofrece moitas posibilidades a nivel artístico e plástico. O peor quizais e que a nivel económico moitas veces non se corresponde o traballo que da co que che poden pagar, pero isto pódese aplicar á maioría de encargas de ilustración e seguramente a outras profesións. Pero o traballo de ilustrador non está moi recoñecido, incluso ás veces dende algunhas editoriais. Aproveito para facer un pequeno chamamento ou reivindicación, moitas veces cando se fala dun álbum ilustrado, dise autor (polo escritor) e ilustrador. Penso que non é xusto, tanto o escritor coma o ilustrador somos os autores. Pode parecer unha parvada, pero estase a facer unha diferenciación que non favorece o papel do ilustrador.

Ten desenvolvido diferentes traballos con diferentes autores de diferentes xéneros. Como é a forma de abordar cada novo libro?

A resposta vai un pouco en relación cunha das anteriores. Cada libro é distinto, aínda que a poidamos encaixar no terreo do infantil. Cada libro ten a súa propia alma. Eu trato de enchouparme ben da historia que conta, de ir sentindo cal é o mellor xeito de representalo, de reflectir esa alma no papel. Por iso traballo con diferentes estilos. Aínda que non sexa un estilo no que me atope cómodo ou que non sexa o estilo que máis me gustaría facer, sinto que me debo a ese texto, fago o que sinto que necesita,traballo para que luza o texto non para facer o que máis doado me resulte ou o que máis me guste. Para facer o estilo que quero podo facer algún proxecto persoal. Por suposto non quere dicir que sempre acerte, pero si que fago o que sinto que vai mellor para cada texto, para que as imaxes formen unha unidade con el, que todo teña o mesmo espírito. Non quero caer na comodidade de facer sempre o mesmo, non me gustaría que as miñas imaxes puidesen ser “intercambiables” entre diversos libros e que non se notase, paréceme un pouco faltarlle ao respecto aos textos.

Cando ten a encarga de ilustrar o libro dun autor, como é ese primeiro momento no que abre o texto e a cabeza empeza a funcionar para ver como realizar as ilustracións, cando os personaxes empezan a cobrar forma?

Pois pode ser algo fluído ou un pesadelo. Hai veces que sinto inmediatamente como debo representar as cousas, cores, formas, estilo... e outras que me toma moito tempo de darlle voltas sen acabar de sentir como debo facelo. Tamén é bastante agoniante cando o tes moi claro na cabeza, máis non acaba de funcionar no momento de plasmalo. Pode ser realmente difícil tratar de converter un pensamento en algo físico.

Como soe ser a relación co escritor?

Pois hai de todo, ás veces non hai relación ningunha e noutras poden chegar a facerche suxestións. Moi variado na miña experiencia!

Que é o que busca vostede nun texto para que acepte o traballo de ilustralo?

Como dixen tampouco teño moita experiencia neste eido, así que polo momento tampouco teño moitas encargas nel. Polo que non adoito rexeitalas, cada unha é unha marabillosa ocasión para experimentar e aprender. Iso si, en cada traballo que fago poño todo o meu corazón nel. No momento en que acepto unha encarga e para facela do xeito máis profesional e con toda a paixón posibel. Non comprendo traballar doutro xeito. Ás veces me preguntan se por exemplo gusto de toda a música que teño que ilustrar. Evidentemente a resposta é non, pero iso non quita que non poña todo de min para sentir todo o que o artista puxo nela, eu teño que estar á súa altura de cariño e paixón, independentemente de si é do meu gusto ou non. Pero si alguén pon todo de si no que fai e confían en mi para completar o traballo eu non podo ser menos.

Que técnicas e materiais soe empregar á hora de ilustrar?

Todo é válido. Habitualmente traballo co ordenador, onde con pintura dixital e fotografíapodo resolver case todo o que preciso. Pero teño feito de todo, ate figuriñas de pasta de modelar para as imaxes dun disco, ás que lles proxectaba unhas texturas previamente traballadas no ordenador, facía coma unha especie de decorado que posteriormente fotografaba e volvía a traballar no ordenador con esas fotos. Por exemplo, para “A casiña de chocolate” cheguei a construir fisicamente a casiña con biscoitos e chocolate, fotografei tamén unha alfombra para facer dela unha saia na ilustración, os pelos do lombo da miña gata para que semellasen a herba, etc. Hai veces que un simple trazo expresa moito máis ca unha complexa montaxe fotográfica, e outras nas que é preciso algo máis traballado para reflectir ben o que queres. Non hai límites en canto a materiais, non contemplo a ilustración como algo de lapis, tinta e papel tan só.

Facendo referencia á banda deseñada vostede recreu o clásico de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno (Xerais), pero tamén ten creación propia como Un home feliz (Lea) ou La luz (De Ponent). Séntese máis cómodo traballando cos seus propios textos ou prefire traballar (ou adaptar) textos doutros escritores?

Estou máis cómodo cos meus textos principalmente porque a liberdade é maior, é total. Ideas teño bastantes, así que tentarei seguir facendo algún álbum máis (teño algún máis rematado, non sei se tentar publicalos ou non). Cartas de Inverno apetecíame moito facelo, e a pesares do que poida parecer, facer unha adaptación non é nada doado, son medios diferentes con linguaxes narrativas distintas. A xente pode pensar que non ten dificultade porque partes dun escrito, pero unha novela non é un guión de banda deseñada. Hai que medir moito o texto para que á hora de adaptalo poidas manter un ritmo narrativo alto como no libro de Agustín.

Un proxecto propio, sen editorial detrás ten outros tempos, unha elasticidade infinda, podo cambiar todo, engadir capítulos, eliminar escenas... plena liberdade, de estilo, tema, etc Fago exactamente o que me apetece. Na adaptación de Cartas de Inverno quixen respectar o espírito do libro, non collelo e tomar outro camiño a partires del.

Pero oxalá tivera o tempo (que nesta profesión, como noutras, son os cartos :D ) para poder adicar un ano enteiro a facer un album que teño en mente, ou dous albumes!

Lembra algunha encarga que lle fora especialmente difícil levar a cabo?

Trato de lembrar algunha en especial, houbo algunhas nas que si que me levou tempo dar cun estilo que me satisfixese. Mais quizais a cousa que máis me custou foi o album de banda deseñada “La Luz” a pesares de ser un proxecto propio. Tardei meses, anos en atopar o camiño axeitado para facelo, non vía o estilo. Ate que o atopei foi unha tortura por momentos. Para tolear. Cando por fin vin a luz fixen a metade das case 90 páxinas en dúas semanas esgotadoras, pero todo, guión, personaxes, diálogos, etc foi catártico, liberador.

De todos os libros que ten ilustrado, con cal ou con cales se sente máis satisfeito do resultado final?

Non sei se é moi correcto dicilo, pero realmente se me poño a pensar creo que non estou satisfeito con ningún. Prefiro nin pensar niso, é bastante frustrante.

Que significa para vostede a profesión de ilustrador?

É un xeito de expresión para min, un xeito de comunicarme co mundo, unha necesidade íntima, un xeito de encher un baleiro interior.Ilustrar para min non é un xogo, non é facer debuxiños máis ou menos “monos” ou que estean de moda. Para min ten unha carga moito máis profunda.

Cales son os seus ilustradores máis admirados e en que medida influíron na súa obra?

Non teño moita idea de ilustradores, nin de autores de banda deseñada, non o digo con orgullo nin con vergoña, é un feito, nada máis. Vivo un pouco á marxe de todo este mundo. Vexo moitas imaxes que me gustan, pero moitas veces non sei quen é o autor, hai veces que dalgún autor só me gusta unha imaxe en concreto... en banda deseñada poucas cousas me chaman a atención... E como comentei, igual me inflúe máis a luz dun abrente sobre a praia que un autor concreto.

En teoría estamos ante un auxe do libro electrónico, como ilustrador, en que medida afecta isto ao teu labor profesional?

Non teño moi claro ese auxe, pero non creo que afecte moito, se un libro electrónico ou un “libro” para tablets, etc leva ilustracións, alguén vai ter que facelas igualmente. Pode afectar máis no terreo da música, pero sigue habendo grupos que lle dan importancia aos libretos por sorte, para ofrecer algo máis que só a música.

Se estivéramos diante da súa mesa de traballo, que veríamos?

O caos. Un ordenador de mesa vello, un portátil máis vello aínda cos seus respectivos cables por todos lados. Uns discos duros externos, unha tableta gráfica, unha cámara fotográfica, esta bastante nova. Un par de flexos, papeis con anotacións, unha axenda, algúns bolígrafos, uns cantos tubos de acrílico, algún pincel, algunhas candeas, incensos, unha bolsiña transparente cunha pedra que me trouxeron da Antártida e un reloxo (sen pilas) do Carteiro Pat :D ...

En que proxectos está a traballar agora?

No último proceso do deseño do próximo disco dos noruegueses GAZPACHO, comezando coas imaxes para un texto do gran Ramón Loureiro sobre O Quixote, Guevara e a súa relación con Galiza que tentaremos que sexa publicado, e moi atarefado preparando a que vai ser a miña primeira exposición de pintura, inaugurarase a primeiros de Outubro, na Galería Sargadelos de Ferrol. A maioría das pezas serán lenzos de 100x50 cm, en acrílico. A verdade é que me fai moita ilusión, penso que será algo importante. Ademais disto estou tamén empezando cun libro escrito por Paula Merlán para Educación Vial do Concello de Narón.

Bueno, e posiblemente estarei asinando un día os meus albumes de banda deseñada no Viñetas desde o Atlántico na Coruña, en Agosto.

 

 

Buscar en Veu visitarnos >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
17
19
20
21
26
27
28
29
31

Nestes días >

No upcoming event!