Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Veu visitarnos... Andrea Maceiras

Rate this item
(3 votes)

Hoxe visítanos Andrea Maceiras, coruñesa do 87 e licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. Andrea leva moitos anos escribindo e tamén moitos anos gañando premios literarios, algúns deles dos máis importantes do país, como o Meiga Moira ou o Jules Verne, entre outros, o que confirma que estamos ante unha das escritoras máis consolidadas dentro da literatura infantil e xuvenil.

Hai oito anos publicou a súa primeira novela, Proxecto Bolboreta (Xerais), merecedora do premio de micronovela Concello de Soutomaior, a partires de aí as e os lectores puidemos gozar da literatura de Andrea nos títulos que seguiron a ese Proxecto Bolboreta, velaí están Violeta Tamurana (Baía), O segredo do lagarto arnal (Baía), Nubes de evolución (Xerais), Miña querida Sherezade (Baía) e Volverás, golfiño (Xerais). Contra finais deste ano publicarase Europa Express, o libro co cal a nosa autora gañou o Jules Verne de literatura xuvenil que organiza Xerais.

Moitas grazas pola túa visita, Andrea!

 


 

Antes da escritora ven a lectora. Cales foron eses libros e esas lecturas importantes para vostede e que aínda fican na súa memoria?

As lecturas que máis me marcaron foron as que fixen na adolescencia. É unha etapa especialmente sensíbel, na que as impresións e as emocións fican gravadas máis fondamente. Daquela lía sobre todo LIX, pero tamén todos aqueles libros que tiñan que ver coas miñas preocupacións e intereses. A moitos de eles regresei, co paso do tempo, en reiteradas ocasións. Son parte das miñas constantes literarias.

Cales foron as motivacións que a levaron a escribir, especialmente no seu caso, que comezou ben nova?

Para min a escrita foi un proceso natural, escribo desde nena. Un día decateime de que había unha ponte que unía a lectura coa escrita e que me gustaban por igual as dúas beiras.

E a dirixir esa escrita cara o publico infantil?

Cando comecei a escribir a miña irmá pequena era meu público máis inmediato. Foi a primeira destinataria de todos os meus contos. Habitualmente ela era a protagonista daquelas historias e eu procuraba incluír cousas que lle gustasen ou a sorprendesen. Supoño que, desde entón, resulta natural para min escribir para xente máis nova.

Qué é o que busca transmitir coa súa literatura?

Eu concibo a literatura, en primeira instancia, como entretemento. Esa é a súa función primixenia e grazas a ela segue viva, funciona como forma de ocio a nivel mundial, tanto na súa vertente escrita como visual. Por outra banda, non me gustan as historias con mensaxes ríxidas ou que se esgoten nunha soa vía. Prefiro os relatos abertos, que inviten á reflexión e, sobre todo, que sexan envolventes, que se substenten sobre si mesmos e sobre os mundos que crean. Gústanme as historias poliédricas, que amosan unha nova cara en cada lectura e poden ser comprendidas de diversas maneiras polos diversos lectores. E supoño que o que busco como lectora é o que intento transmitir como escritora.

En que se basea para escribir os seus libros?

No que me rodea e no que suscita o meu interese, na realidade, na fantasía, nas historias externas e internas.

Cando principia un proxecto literario, como concibe a trama dese novo libro? Como xorden as ideas?

Para min a fase de creación da idea é tan importante como a da escrita. Non comezo a escribir ata que non teño un lugar a onde chegar e un mapa polo que orientarme.

Qué xéneros son os seus preferidos á hora de escribir?

O xénero no que me sinto máis cómoda é a novela, pero tamén escribo poesía.

Gañou con menos de vinte anos o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior con Proxecto Bolboreta, que publicou posteriormente Xerais. A partires de aí gañou nun par de ocasións o premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil que convoca Baía edicións, e este mesmo ano o Jules Verne de literatura xuvenil que organiza Xerais, ademais de quedar finalista en varios premios. Que lle aporta como escritora presentarse aos premios literarios?

Para unha autora nova coma min, os premios son unha moi boa oportunidade para publicar, pois implican a posibilidade de que unha obra anónima sexa valorada por un xurado especializado. Por outra banda, os premios supoñen difusión e recoñecemento. No meu caso, constituíron un importante pulo.

Por certo, cando veremos publicada Europa Express, a obra gañadora do premio Jules Verne?

Sairá en novembro.

Polo de agora a súa produción literaria centrouse case que por completo na LIX. Apetécelle cambiar de rexistro e escribir para outro público ou probar nalgún xénero novo?

Con respecto aos xéneros, considero que a literatura está reinventándose constantemente. No caso da LIX, a evolución foi especialmente salientable nos últimos anos. Xa non se ve como unha cousa limitada aos nenos e adolescentes: cada vez son máis os adultos que, xa pasada a mocidade, seguen a ler LIX, gozando coa frescura e coa axilidade que habitualmente comporta este tipo de relato. Iso desdebuxa os límites do xénero; cada vez se observa máis a existencia dunha literatura de fronteira, pensada para un público heteroxéneo. É unha tendencia que comezou coas sagas fantásticas da LIX a nivel mundial e está a extenderse a outras temáticas. Gústame ese concepto crossover, penso que é algo que xa se defendeu desde os inicios da LIX, pero que agora se está a cristalizar e tomar forza. Ultimamente escribo xa pensando nun tipo de historia que, na súa base é para mozos e mozas, pero que tamén busca chegar a un público máis amplo.

Mantén algunha rutina de traballo?

Non especialmente. Adoito conectar as ideas con música, de forma que cando poño unha canción concreta, entro en contacto co universo que para min representa.

Se estivéramos diante da súa mesa de traballo, que veríamos?

Certa desorde e moitos post-its con anotacións, ideas, datas e palabras soltas.

A importancia da ilustración na literatura infantil e xuvenil. Como é a súa relación cos ilustradores?

Os ilustradores son parte fundamental non só na LIX, senón na literatura en xeral. Pensemos, por exemplo, nas cubertas dos libros. A cuberta dunha obra é o primeiro contacto que o lector ou lectora ten cun libro, axuda a dotar de entidade ao libro como obxecto material e evoca unha sensación. Neste proceso os ilustradores xogan un papel fundamental. Eu síntome moi afortunada, pois sempre contei con ilustradores estupendos: Antonio Seijas, Noemí López e Víctor Rivas.

Podería dicirnos algún ilustrador co que estea especialmente cómoda traballando?

Con Antonio Seijas, quen deseñou as cubertas de catro das miñas seis novelas e tamén a da próxima que vai saír, Europa Express. Capta marabillosamente o espírito das historias e tradúceas a imaxes con gran habilidade. Ten unha sensibilidade excepcional non só como ilustrador, senón tamén como creador.

Qué significa para vostede o oficio de escritora?

Non concibo a vida sen literatura. Achegueime a ela desde todas as perspectivas: como lectora, como filóloga, como escritora. A literatura supón plenitude.

Cales son as principais dificultades á hora de entregarse a este oficio?

A enorme dificultade de centrarse só na escrita e a necesidade de compaxinala con outra actividade laboral. A falta de apoios, xa non só a nivel económico, senón noutros aspectos como a difusión ou o recoñecemento da profesión como tal.

Que é o mellor e o peor de se dedicar a escribir para o público infantil e xuvenil?

O mellor é que a LIX está asociada a unha maior liberdade creativa: o seu público natural é máis receptivo e máis aberto; tamén é máis fresco, sincero e crítico. O peor é que hai quen a considera unha literatura menor, máis fácil ou menos importante. Afortunadamente penso que esta concepción vai desaparecer nas futuras xeracións de lectores e lectoras que xa entenden a LIX como algo natural e necesario.

Que proxectos veremos en vindeiras datas da súa autoría?

A próxima novela que publicarei será Europa Express. A historia parte dunha hipótese que sempre me intrigou: a xente que aparece, casualmente, nas postais das viaxes. A partir de aí iníciase o relato: un home chega a unha cidade que visitou na adolescencia cun grupo de amigos e, desconcertado, recoñécese a si mesmo e aos seus compañeiros nunha postal. É unha novela de viaxes, intriga e amor.

 

 

Buscar en Veu visitarnos >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
15
16
17
19
20
22
23
24
25
27
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!