Print this page

O reino dos contos

Aquí atoparedes un mundo que non existe. Ben, un mundo que non existe aló pola rúa, que non se ve a simple vista, que non se espella nos vidros dos autos nin nas vitrinas das tendas, mais que se atopa por baixo da pel de certa xente, daquela xente que non se rende ao cotián, a ser xente grande, como o entendía Saint-Exupéry.

Pois ben, este é un blogue dedicado aos contos. Seica algúns pensades que son nada mais contos para nenos. Talvez tendes razón, son contos para nenos. Mais na verdade, aqueles que aínda e sempre son nenos, atoparán aquí o que nunca perderon e que sempre está embaixo da súa pel. Como estou convencido de que as linguas, sobretodo se son pequenallas como o galego, serven máis que nada para aprenderlle á xente a ser feliz, non vou dedicar este blogue a falar desas cousas importantes que algúns consideran vitais, como a política, as fronteiras ou as filiacións divinas e diabólicas das palabras. En calquera caso, estas páxinas están abertas aos contos pensados para nenos de 2 a 222 anos.

Additional Info

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati