Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Os relatos Gadoupa, da autoría de Guillermo Rodicio Cimadevilla, e Timbrol e a pega, da autoría de Leticia Barbadillo Vázquez, son os gañadores ex aequo do Concurso de Relato Curto “Agustín Fernández Paz”, que organiza na súa primeira edición a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O xurado, constituído por Inma Doval Porto, Iria Sobrino Freire e Mercedes Queixas Zas, decidiu conceder así mesmo, dada a calidade dos outros traballos presentados, dous accésits a O trato, de Mª de los Ángeles Madriñán González, e a Rezar…
O libro Lendo lendas, digo versos (Xerais) de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, con ilustracións de Xosé Covas, ven de ser incluído na lista de Honra do IBBY 2018, que inclúe os libros que se consideran sobresaíntes pola calidade dos textos, ilustracións ou traducións. Esta selección de títulos pretende dar a coñecer os libros que mellor representan a literatura actual no eido infantil e xuvenil de cada un dos países que forman parte do IBBY e recomenda a publicación en todo o mundo das obras seleccionadas. Entre os libros seleccionados tamén atopamos, na categoría de tradutores, o traballo que…
Os Bolechas, a famosísima familia creada por Pepe Carreiro, súmanse por sexto ano consecutivo á celebración das festas de Nadal, da man da Rede de Dinamización Lingüística, Bolanda Edicións, Televisión de Galicia e Gadisa, e chegarán a oito concellos desde o vindeiro venres 22 de decembro ata o domingo 7 de xaneiro. Farano, coma sempre, convidado as familias a participaren na nova proposta Un conto de Nadal, con entrada libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados en Ames, O Carballiño, Muros, Poio, Sarria, Vilalba, Viveiro e Xinzo de Limia. Os Bolechas percorren Galicia nestas datas para…
A novela A filla do Minotauro da escritora Marilar Aleixandre é a gañadora do XI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. A escritora madrileña é a primeira muller que gaña o certame de literatura infantil e xuvenil. Un xurado composto por Héctor Cajaraville –gañador da edición anterior-, Charo Pita, Antonio Reigosa, Pilar Sampedro e María Solar coa vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei como presidenta do xurado e a xefa de sección da área, Manuela Muñiz, como secretaria decidiron, por unanimidade, premiar a novela de Marilar Alexandre como gañadora do Raíña Lupa deste ano. A obra, titulada A filla…
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), organiza na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, coa colaboración do profesorado de lingua do centro, as segundas xornadas Desfacendo a raia, unha actividade aberta ao público que ten como obxectivo facilitar o intercambio entre axentes do libro infantil e xuvenil, neste caso co alumnado da facultade.   Programa 10.50 h. Inauguración. Coa presenza do vicedecano da Facultade de Educación e de Xosé A. Perozo, presidente de Gálix. 11.00 h. Conferencia “Muller e memoria”. Con Susana Sánchez Arins, escritora e profesora. 12.00 h. Encontro María…
A escritora viguesa Ledicia Costas segue sumando galardóns á súa impoluta traxectoria literaria. Onte acadou o Premio Lazarillo 2017 pola súa novela A balada dos unicornios. O xurado do galardón, que entrega anualmente a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), determinou entregar o premio de creación literaria á obra de Costas ex-aequo ao libro No te muevas Musaraña de Rafael Salmerón. O premio na modalidade de álbum ilustrado recaeu en Bienvenida Lupe de Eva Palomar. É de sinalar que Ledicia Costas é a segunda vez que gaña o premio Lazarillo, que xa conseguira hai un par de…
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se resolve a convocatoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2017/2018, ao abeiro do que se incorporan 36 novos centros a este programa. Deste xeito, forman parte do Plan este curso un total de 646 centros educativos. A resolución dos centros incorporados pode consultarse no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171024/AnuncioG0164-171017-0003_gl.html . A Consellería de Educación destinou a esta convocatoria un total de 1.342.000 euros. As axudas para os centros de nova incorporación…
A escritora viguesa An Alfaya fíxose, por unanimidade do xurado, coa segunda edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, pola súa obra O home de negro. Este premio está convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística do goberno de Galicia co fin de fomentar a nenos e nenas, adolescentes e público en xeral obras de calidade que lles permitan achegarse ao engaiolante mundo da novela. O galardón entregarase o vindeiro venres, 3 de novembro, na sede da Fundación, en Gres (Vila de Cruces), na casa natal do recordado escritor, coincidindo co…
O Portal da Lingua Galega (http://www.lingua.gal/portada) e mais o Portal Educativo do goberno de Galicia veñen de publicar a nova convocatoria do Concurso-Exposición Letras Galegas, que cada ano se leva adiante co obxectivo de potenciar o coñecemento do autor ou autora homenaxeada o 17 de maio, da situación sociolingüística que lle tocou vivir e, en xeral, da súa época histórica. Os centros educativos participantes neste certame da Secretaría Xeral de Política Lingüística teñen de prazo ata o 22 de xaneiro de 2018 para presentaren unha exposición que recolla estes aspectos da obra de María Victoria Moreno Márquez, a quen a…
O escritora luguesa María Reimóndez ven de gañar o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade pola súa obra Fóra do normal. Este premio, convocado por vez primeira polo Instituto de Estudos Chairegos e o concello de Vilalba coa colaboración de Xerais, quere ser unha homenaxe ao ilustre escritor vilalbés, finado no verán do 2016. O xurado, formado por Marica Campo, Manuel Bragado e Xabier P. Docampo, premiaron a obra de Reimóndez por decisión unánime, e destacou da obra gañadora o tratamento da temática trans, dos personaxes e da banda deseñada como camiño de comprensión…
Páxina 6 de 29

Buscar en Novas >

Axenda LIX >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!