Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O dramaturgo cedeirense Carlos Labraña ven de se facer co VIII Premio Estornela de teatro para nenos que organiza a Fundación Xosé Neira Vilas coa finalidade de estimular a creación teatral e de proporcionarlles a nenas e a nenos obras que se poidan representar. A obra titulada A pequena compaña permite a Labraña acadar por terceira vez este prezado galardón. O xurado do certame valorou a “perfecta caracterización dos personaxes, a tensión dramática e o vibrante ritmo narrativo” da obra gañadora, así como “o adecuado emprego do léxico e o recurso á tradición galega e á mitoloxía clásica”. Ademáis da…
Martes, 02 Decembro 2014 11:28

María Solar gaña o premio Lazarillo 2014

A escritora María Solar ven de gañar o premio Lazarillo 2014 na súa modalidade de creación literaria, que convoca a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), con el patrocinio del Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do estado español. Este prestixioso galardón leva convocándose dende o ano 1958 co fin de estimular a creación de bos libros para nenos e xente moza. A obra de Solar, titulada O meu pesadelo favorito, foi a gañadora do premio fronte as outras 86 obras presentadas procedentes de todo estado. O xurado desta edición estivo conformado por Francisco Castro, Arantxa Bea,…
Nicomedes o pelado, de Pinto&Chinto e editado por Kalandraka formará parte do prestixioso catálogo dos White Ravens, que publica anualmente a Internationale Jugendbibliothek de Múnic, Alemaña. O catálogo dos White Ravens (Corvos brancos) contén información sobre as recomendacións internacionais de libros no eido da literatura infantil e xuvenil. Contén un total de 200 títulos procedentes de libros de todo o mundo e supón unha enorme visibilización para os seus autores, xa que o catálogo estará dispoñible nas principais feiras do sector, como a Feira do Libro de Frankfurt ou na Feira do libro infantil de Bologna, onde os douscentos libros…
Andrea Maceiras é a gañadora do 6º Premio Meiga Moira 2014 de Literatura Infantil-Xuvenil, que convoca anualmente Baía Edicións, pola obra Miña querida Sherezade. O xurado desta sexta edición do premio estivo conformado polas escritoras Marica Campo e Conchi Regueiro; María Dores Fernández López, profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña; o ensaísta e profesor da UDC Carlos–Paulo Martínez Pereiro, que actuou de Presidente; e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria. Para o xurado, en Miña querida Sherezade “sobresaen características tan notorias como a dunha excelente estrutura especular e unha…
O premio literario Frei Martín Sarmiento, que organiza a Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas, ven de presentar as obras finalistas correspondentes a súa undécima edición. A característica principal deste premio é que son os propios alumnos destes centros quen escollen as obras gañadoras, divididas en cinco categorías (segundo os rangos de idade) máis unha sexta categoría, para adultos. Finalistas do X premio literario Frei Martín Sarmiento 1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria Toc-Toc (Galaxia), de Pablo Díaz. Raro (Tambre) de Marcos Calveiro. Catuxa quere saber (Everest Galicia) de Concha Blanco.   2ª categoría: 3º e 4º…
A rede de bliotecas municipais de Oleiros elaboraron unha guía de lectura titulada Lecturas ao sol!, formada por 262 recomendacións de libros, DVD e CD. Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas municipais e nela pódense atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes idades, distintos gustos, intereses e preferencias. Os libros que se recomendan para nenas/os e adolescentes figuran clasificados por idades, para as que se considera que son máis axeitados. A idade para a que se suxire cada obra é só de forma orientativa,…
A Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos, Ferega-Ceca, entregou o pasado venres os X Premios Literarios Frei Martín Sarmiento nun acto celebrado na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. A particularidade destes premios é que é o alumnado, xunto as nais e os pais dos centros que forman parte da entidade, quen escollen as obras premiadas nas diferentes categorías, axustadas aos diferentes grupos de idade. Gañadores 1ª categoría: 1º e 2º de educación primaria: A pomba dona Paz (Xerais), de Ramón Caride e ilustracións de Pepe Carreiro. 2ª categoría: 3º e 4º…
Logo de lle render homenaxe a Rosalía de Castro en 2013, a segunda edición da iniciativa musical e educativa No bico un cantar reunirá un coro de catrocentos nenos e nenas para interpretar os versos de Manuel Curros Enríquez, nun concerto promovido polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura do goberno de Galicia, coa colaboración do Concello de Celanova e do grupo de alimentación Vegalsa-Eroski. Alumnado procedente dos conservatorios profesionais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como do coro CPI Tomás de Lemos, os Nenos Cantores da Capela Madrigalista e o…
O dramaturgo Carlos Labraña é o gañador do concurso de Teatro infantil 2014 que organiza a Agrupaçom Cultural O Facho pola súa obra Moito morro corporation Sociedade Ilimitada. O xurado estivo composto polos autores Manuel Lourenzo, Carme Martínez Mosqueira e Rubén Ruibal. A Agrupaçom Cultural O Facho tamén fixo públicos os nomes dos gañadores do concurso literario “Contos de nenos para nenos” na súa convocatoria do ano 2014. Segundo acordo do xurado formado polos escritores Xabier P. Docampo, Breogán Riveiro Vázquez e Xosé Manuel Martínez Oca, os gañadores foron: Premios da Categoría A (Nenos e nenas de 9 a 12…
A consellería de Traballo e Benestar presentou o novo libro dos Bolechas, Os Bolechas aumentan a familia, no que se converten en familia de acollida de dous cativos, Noela e Vintil, e do seu can, Sudoku. Deste xeito quérese impulsar a divulgación do acollemento familiar, un recurso que ofrece aos menores que o necesitan un fogar e unha familia coas que viviren mentres se solucionan os problemas da súa. Esta publicación deste novo conto da colección dos Bolechas coincide coa celebración a nivel mundial do Día Internacional da Familia mañá 15 de maio. A Consellería de Traballo e Benestar distribuirá…
Páxina 14 de 29

Buscar en Novas >

Axenda LIX >

Nestes días >

No upcoming event!