Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O sector editorial galego participa desde onte e ata o 6 de abril na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bologna, un encontro profesional de referencia que reúne os principais axentes do sector. Por unha banda a editorial pontevedresa Kalandraka será a única editora que contará con stand de seu na Feira, e por outra banda, o goberno galego, en coordinación coa Asociación Galega de Editoras (AGE), pon ao dispor dos profesionais galegos o stand Galicia no que exhibir as últimas novidades para o público lector máis novo, así como para a realización de reunións comerciais que favorezan…
Cada dous anos celébrase na capital de Eslovaquia, Bratislava, a Bienal de Ilustración (BIBIANA), unha prestixiosa exposición internacional de ilustracións de libros de literatura infantil e xuvenil, organizada polo Ministerio de Cultura eslovaco, a UNESCO e a Casa Internacional da Arte para Nenos, que se celebra durante los meses de setembro e outubro. A OEPLI, como sección do estado español de IBBY selecciona, xunto coas súas catro seccións territoriais (onde está incluída Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), a quince ilustradoras e ilustradores con vinte e catro libros de recente publicación. Ademais da mostra de orixinais, realízase…
Oqueleo, o novo proxecto editorial de Santillana para a literatura infantil e xuvenil galega, presentouse onte no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A editorial do grupo Prisa, que contaba con anterioridade xa co selo Obradoiro para Galicia (do que Oqueleo mantén o fondo histórico), suma Oqueleo ás súas editoras irmás Loqueleo (para o mercado en castelán) e a Jollibre (para o mercado catalánfalante). O catálogo editorial está composto por títulos clásicos e contemporáneos, divididos por series axeitadas a cada idade. Ás obras xa clásicas de Michael Ende, Susan E. Hinton, Roald Dahl ou aos libros do Nicolasiño de René…
O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, inauguraron onte na Galería Sargadelos a Campaña Municipal de Animación á Lectura que cumple xa dezasete edicións. Na inauguración tamén estiveron presentes o representante de Correos e o da Fundación Sargadelos. Nesta ocasión a Campaña leva por título Unha última carta, baseada no traballo dos gregos Antonis Papatheodoukou e Iris Samartzi, que resultaron gañadores do IX Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, convocado ano a ano polo Departamento de Educación e Cidadanía e a editorial Kalandraka. Esta iniciativa desenvolverase dende o 27 de marzo ata…
O programa Ler conta moito, promovido pola Consellería de Cultura do goberno galego en colaboración cos concellos, levará ao longo de 2017 máis de 750 actividades de dinamización da lectura ás bibliotecas públicas municipais espalladas por todo o país. Sesións de contacontos participativos, obradoiros de poesía, de ciencia ou de arte, narracións musicadas, conversas con autoras e autores ou encontros con ilustradores son algunhas das actividades deste programa dirixido a públicos diversos, con especial atención aos máis novos. ‘Brinca vai!’, con Paco Nogueiras, a ‘Poesía musicalizada’, de Manoele de Felisa, a divulgación científica de ‘Efervesciencia’ ou ‘Rosa Caramelo e outras…
A Fundación Cuatrogatos vén de publicar os gañadores do Premio Fundación Cuatrogatos, un catálogo de libros publicados a nivel hispanoaméricano, editados en lingua castelá, altamente recomendados polos seus valores literarios e plásticos que merecen ter unha grande difusión. Trátase en total de 20 títulos gañadores, outros 20 finalistas e outros 90 recomendados. Unha listaxe onde atopamos unha nutrida presenza galega en forma de autoras e autores, ilustradores e editoriais do país. Entre os gañadores está un libro da editorial pontevedresa Kalandraka, trátase de  Mundinovi, con poemas de Juan Carlos Martín e ilustracións de Federico Delicado. Calificado polo xurado do certame…
O escritor Antonio Yáñez Casal coa obra Do meu nome e outras trapalladas (presentada baixo o lema "Inferniense"), foi o gañador do XIV premio de literatura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez" na modalidade de Narración, que convoca anualmente a Deputación de Ourense. O xurado, que deu a coñecer a súa resolución onte trala reunión mantida no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", sinalou da obra galardoada "a súa adaptación aos tempos que corren, na que o autor fai unha reflexión crítica sobre a familia, os amigos e a escola". Asemade o xurado puxo de manifesto que a obra "ten unha…
Esta mañá tivo lugar, no IES Valadares de Vigo, o recoñecemento á ilustradora Mª Fe Quesada como Socia de Honra da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). Este galardón tomouse por unanimidade por parte da xunta directiva da Asociación. Gálix quere recoñecer con este premio a traxectoria de autoras e autores que teñen traballado de xeito especial no desenvolvemento da literatura infantil e xuvenil. A escritora María Xosé Queizán foi a encargada de ler a laudatio. Logo proxectáronse os traballos da galardoada e o alumnado que asistiu ao acto puido, ademais de manter un coloquio coa ilustradora, recibir…
Un total de 22 bibliotecas galegas foron premiadas na XVII Campaña de Animación á Lectura María Moliner, convocada por el Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do goberno do estado español, a FEMP e a Fundación Coca-Cola. Os proxectos presentados polas bibliotecas foron escollidos entre los 605 presentados á edición deste ano, dos cales, a Comisión de Valoración seleccionou os 300 mellores programas de promoción da lectura, cuxas bibliotecas recibirán en forma de premio un lote de 150 títulos. O proceso de selección levouse a cabo mediante a análise dunha serie de criterios, puntuando cada un deles. Tense en conta…
A Secretaría Xeral de Política Lingüística do goberno galego convoca o Concurso-Exposición Letras Galegas, que cada ano se leva adiante co obxectivo de potenciar o coñecemento do autor homenaxeado o 17 de maio, da situación sociolingüística que lle tocou vivir e, en xeral, da súa época histórica. Os centros educativos participantes neste certame terán prazo ata o 22 de xaneiro de 2017 para entregaren unha exposición que recolla estes aspectos da obra de Carlos Casares, a quen a Real Academia Galega distingue coas Letras Galegas do vindeiro ano. As exposicións gañadoras difundiranse no Portal da Lingua Galega e serán distribuídas…
Páxina 8 de 29

Buscar en Novas >

Axenda LIX >

Nestes días >

No upcoming event!