Print this page

XI concurso de relato oral Tíralle da lingua

Rate this item
(1 Vote)

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza Tíralle da lingua, un proxecto dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias...de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.

As bases do concurso, recollidas na web www.as-pg.com, indican que as historias poderan ser de base popular, de base literaria ou creación propia e non poderán exceder dos cinco minutos. O concurso vai destinado a tres niveis académicos: Primaria, 1º Ciclo de ESO e 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.