Print this page

Vinte e tres bibliotecas galegas premiadas polo Ministerio de Cultura

Rate this item
(1 Vote)

O Ministerio de Cultura ven de facer públicos os gañadores da XIII Campaña de Animación á Lectura, un concurso dirixido aos concellos de menos de 50.000 habitantes para premiar os mellores proxectos ou actividades de dinamización lectora desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de promover a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre nenos e xente nova. Este concurso realízase grazas á colaboración do Ministerio de Cultura coa Federación Española de Municipios e Provincias e, dende 2002, coa colaboración da Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.

Nesta nova edición reduciuse o número de premiados a 300 bibliotecas que reciben lotes bibliográficos compostos por 200 libros infantís e xuvenís, seleccionados entre as novidades de cada ano. Dende o 2002 os tres mellores proxectos reciben, ademáis, premios en metálico que financia a Fundación Coca-Cola.

Un total de 23 proxectos presentados por bibliotecas galegas foron merecedoras dos proyectos premiados na XIII Campaña de animación á lectura “María Moliner”, o que confirma o bo labor que veñen desenvolvendo nos últimos anos os bibliotecarios de Galicia. Trátase das bibliotecas de Laracha, Culleredo, Oleiros, Ortigueira, Vedra, O Saviñao, Pol, A Bola, Veiga, Ribadavia, Verín, Illa de Arousa, Baiona, Campo Lameiro, Cangas (dúas bibliotecas), Mos, Mosteiro, Porriño, Ponteareas, Sanxenxo, Soutomaior e Tui.