Print this page

Urco convoca un concurso de relato fantástico dirixido á mocidade

Rate this item
(0 votes)

Urco, a editora pioneira na edición de literatura fantástica en lingua galega convoca o I Premio Urco de Relato Fantástico dirixido a alumno de secundaria dos centros públicos de Galicia.

Hai catro categorías para participar, baseadas en libros de mestres do xénero: Horizontes escuros, Teño medo, mamá!, Fantasías aventureiras e O distante e fantástico futuro.

Os relatos terán que estar escritos en lingua galega e ser orixinais e inéditos e o prazo de recepción de orixinais finaliza o 26 de abril de 2013.

Urco Editora seleccionará, de entre todos os presentados, tres relatos por cada categoría para seren publicados nunha obra colectiva. Estes relatos serán os finalistas do concurso, de entre os cales un xurado elixirá os catro gañadores; un en cadansúa categoría.

O premio para os finalistas consistirá nun lote de libros e a publicación do seu conto nun volume colectivo. Os gañadores de cada categoría recibirán, alén do lote de libros e a publicación, un dispositivo e-reader cargado con varios títulos da editorial.