Print this page

Un curso da USC analizará as LIX ibéricas

Rate this item
(0 votes)

Está aberto o prazo de preinscrición do Curso de Perfeccionamento As Literaturas Infantís e Xuvenís Ibéricas. A súa Influencia na Formación Lectora. Narrativas Xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes, que organiza o Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas, diplomaturas e graos e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Tenta analizar estas literaturas dende un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico.

Está dirixido por Blanca-Ana Roig Rechou e coordinado por Marta Neira e Isabel Soto.