Print this page

Un curso analiza das diferentes LIX ibéricas a través do álbum infantil

Rate this item
(0 votes)

A Universidade de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizan o VIII Curso de Formación Contínua As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora: O álbum infantil, que se desenvolverá do 30 de xuño ao 8 de setembro do ano en curso na Facultade de Filoloxía da USC.

Dirixido por Blanca-Ana Roig Rechou, o presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas e diplomaturas e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Tenta analizar estas literaturas dende un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar é “O álbum infantil".

O prezo deste curso é de 90 euros e a preinscrición estará aberta do 1 de febreiro ao 1 de maio de 2011.