Print this page

Un curso abordará a representación do mundo árabe na LIX

Rate this item
(0 votes)

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; o Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan o XIII Curso de Formación. A Literatura Infantil e Xuvenil. Relacións Texto-Imaxe. Este curso, que está dirixido especialmente a mestres e profesorado de ensino secundario, centrarase na edición deste ano sobre a representación do mundo árabe na literatura infantil e xuvenil a partir das relacións texto-imaxe.

Dirixido por Blanca-Ana Roig Rechou e Carmen Franco Vázquez, ao longo do curso abordaranse diferentes aspectos para o ensino primario e secundario sobre a representación do mundo árabe na LIX. Analizáranse obras imprescindibles, realizaranse talleres literarios e artísticos e encontros con autores que representaron estes conflitos nas súas obras. Ata a capital de Galicia achegaranse escritoras, escritores e especialistas como Cláudia Sousa Pereira, Eulalia Agrelo, Marcos Calveiro, Marta Neira, Fina Casalderrei, Isabel Mociño ou Carmen Ferreira Boo, entre outras.

O curso desenvolverase os días 11, 12 e 18 de novembro no Centro Ramón Piñeiro e na biblioteca A Fundación de Compostela. Ten un prezo de 25 € y a matrícula pode formalizarse ata un día antes do comezo do curso.

Additional Info