Print this page

Trifolium abre unha nova liña editorial coa publicación de Lilus Kikus, destinada ao público infantil

Rate this item
(1 Vote)

Trifolium ven de inaugurar unha nova liña editorial coa publicación do primeiro libro da colección Lunalimón. Trátase de Lilus Kikus, da escritora mexicana Elena Poniatowska.

Coa colección Lunalimón Trifolium abre un novo vieiro no seu percorrido editorial, marcado principalmente ata o de agora polo ensaio, o libro de viaxes e a temática oleirense, amais de narrativa.

A colección Lunalimón preséntase nun formato de tapa dura e un tamaño de 13 x 20 cms. A obra que abre a colección, Lilus Kikus, conta con tradución de Teresa Moure e ilustracións expresas para esta edición de Santy Gutiérrez. Os contos de Lilus Kikus publicáronse orixinalmente en 1954. Este foi o primeiro libro de Elena Poniatowska, quen nos anos seguintes se convertiría nunha das autoras máis notables de México.