Print this page

Santillana presenta Oqueleo, o seu novo selo para a LIX galega

Rate this item
(1 Vote)

Oqueleo, o novo proxecto editorial de Santillana para a literatura infantil e xuvenil galega, presentouse onte no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A editorial do grupo Prisa, que contaba con anterioridade xa co selo Obradoiro para Galicia (do que Oqueleo mantén o fondo histórico), suma Oqueleo ás súas editoras irmás Loqueleo (para o mercado en castelán) e a Jollibre (para o mercado catalánfalante). O catálogo editorial está composto por títulos clásicos e contemporáneos, divididos por series axeitadas a cada idade. Ás obras xa clásicas de Michael Ende, Susan E. Hinton, Roald Dahl ou aos libros do Nicolasiño de René Goscinny e Jean-Jauqes Sempé se suman outros dos nomes máis importantes da nosa literatura, como Xabier P. Docampo, Gloria Sánchez, Jaureguizar, Héctor Cajaraville, Paula Carballeira ou María Canosa, entre outros.

Oqueleo nace coa vontade de ser un espazo común para que os lectores se sintan membros dun colectivo numeroso, entusiasta e cómplice. Busca potenciar o contacto permanente cos lectores e cos mediadores (docentes, libreiros e familia) a través dos seus perfís en Twitter e Facebook. As redes sociais permitirán compartir experiencias, recomendacións de lectura…; en definitiva, sentirse membros activos dunha comunidade lectora.

  

Additional Info