Print this page

Recinto gris incluído na listaxe do 2015 de libros para rapaces con discapacidade

Rate this item
(0 votes)

A novela Recinto Gris, de Ledicia Costas acaba de ser escollida para formar parte da colección dos mellores libros do mundo para rapaces e rapazas con discapacidade, dentro da IBBY Collection 2015 Collection of Books for Young People with Disabilities. Segundo lemos na páxina web da editora, o libro será incluído no Catálogo que se presentará en roda de prensa o 30 de marzo de 2015 na Feira Internacional do Libro de Bologna “Bologna Children’s Book, 2015”. A novela realiza unha posta en valor da diferenza e os seus protagonistas son todos persoas peculiares e, estigmatizados e recluídos, e serán precisamente esas diferenzas as que os axuden a liberarse. Nela abórdanse temas como a solidariedade, a opresión, a colaboración, a violencia ou a utopía.

En Recinto Gris, tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.