Print this page

Ramón Trigo ven de ser galardoado co Premio Lazarilllo de Ilustración

Rate this item
(1 Vote)

O ilustrador vigués Ramón Trigo ven de ser galardoado co Premio Lazarilllo de Ilustración pola súa obra Leviatán. O xurado destacou da obra gañadora o ser unha proposta pictórica moi persoal cunha magnífica combinación do texto cunhas imaxes contundentes que crean unha historia moderna e novidosa salpicada de chiscadelas clásicas.

O xurado estivo presidido por Sara Moreno Valcárcel, copresidenta de OEPLI, e integrado por Montse Pena, Bernat Cormand, Iraia Okina e Sally Cutting, actuando como secretaria Ana Cendán, Secretaria Técnica da OEPLI.

Este prestixioso galardón, o máis antigo da LIX estatal, convócase dende o ano 1958 coa finalidade de estimular a creación de bos libros para nenos e xentes nova. Dende o ano 1986 á a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) a encargada de convocalos anualmente, co patrocinio do Ministerio Cultura do estado español, nas súas dúas modalidades: “Album Ilustrado” e ¨Creación literaria¨.

O acto de entrega dos diplomas e premios terá lugar no marco do XXXVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Madrid, o 15 de decembro no Centro Conde Duque.

Ramón trigo ten ilustrado para editoriais como Xerais, Ir Indo, Edelvives, Kalandraka ou Faktoría K. En banda deseñada publicou xunto ao seu irmán nx0woé Manuel O burato do inferno en Faktoría K e canda el foron finalistas do V premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña por Kartoffel.

Na categoría de creación literaria o premio foi para Diego Arboleda.