Print this page

Ramón Caride gaña o premio da revista dixital El Templo de las Mil Puertas

Rate this item
(0 votes)

A edición en castelán de O frío azul (El frío azul), de Ramón Caride, publicado en galego por Sotelo Blanco e en castelán por Anaya ven de ser premiada co III Premio El Templo de las Mil Puertas á mellor novela nacional independente. O xurado destacou da novela de Caride a súa coidad redacción, as elaboradas descripcións e a intriga que mantén a trama ata o seu final.

Por terceiro ano consecutivo, a revista dixital especializada en literatura xuvenil El Templo de las Mil puertas organiza estes premios onde os redactores de El Templo... valoran cales son os mellores títulos do ano anterior. Os premios organízanse en catro categorías: mellor novela nacional independiente, mellor novela internacional independente, mellor novela nacional pertencente a saga e mellor novela internacional pertencente a saga, tendo en conta os seguintes aspectos: trama, personaxes, ambiente, estilo e edición.

Os premios entregaranse o día 9 de marzo ás 18.00 h. No FNAC de Callao en Madrid. Estarán presentes dous dos galadores, Ramón Caride e nx0woé Antonio Cotrina.

Additional Info